ÍNDICE


Clima

Auga

En 2020 distribuíronse preto de 177,9 hectómetros cúbicos de auga nas redes públicas de abastecemento urbano de Galicia. O 72,1% do total de auga distribuída destinouse aos fogares, que consumiron unha media de 130 litros por persoa e día.

En 2020 o custo unitario da auga en Galicia situouse en 1,24 euros por metro cúbico, o que supón unha diminución do 3,1% respecto ao ano 2018. En comparación co custo unitario para o conxunto de España, o metro cúbico é 68 céntimos máis barato en Galicia.

O custo unitario de subministro de auga na Comunidade Autónoma de Galicia situouse nos 0,69 euros por metro cúbico, mentres que o de saneamento foi de 0,55 euros.

Segundo o módulo de características e medio da Enquisa estrutural a fogares, o 84,84% das vivendas familiares principais de Galicia dispón de conexión pública de augas residuais (rede de sumidoiros).

Ao facer a comparación por provincias, obsérvase que Ourense é a provincia con maior porcentaxe de vivendas que dispoñen destas instalacións (96,09%) mentres que en Lugo esta porcentaxe sitúase no 69,23%.

Residuos de competencia municipal

En 2022 recolléronse en Galicia aproximadamente 1.116 mil toneladas de residuos de competencia municipal, dos cales o 18% foi recollido de forma selectiva. Estas cifras supoñen unha media de 414,0 kg de residuos urbanos por persoa e ano. Polo que respecta á recollida selectiva, recolléronse 15,2 kg por persoa e ano de papel e 18,8 kg de vidro.

Cantidade de residuos de competencia municipal recollidos. Galicia
Ano 2022
Toneladas kg persoa e ano
Total 1.115.765 414,05
Fracción orgánica 47.586 17,66
Vidro 50.581 18,77
Papel 40.920 15,19
Envases 32.413 12,03
Residuos voluminosos 17.713 6,57
Pilas 324 0,12
Residuos de aparellos eléctricos e electrónicos 14.401 5,34
Resto 783.714 290,83
Fracción inorgánica 128.114 47,54
Subtotal selectiva 203.937 75,68
Subtotal mesturados 911.829 338,37
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Gases de efecto invernadoiro

As emisións á atmosfera de gases de efecto invernadorio dende a Comunidade Autónoma galega aumentaron de forma continuada (con algún período intercalado de lixeira diminución) ata 2004, ano no que se acada o valor máis elevado da serie (cun volume de emisións de 37.299 kt, expresadas como CO2 equivalente). A partir de entón, o volume de emisións á atmosfera de gases de efecto invernadoiro dende Galicia comezou a diminuír, con breves períodos de repunte das emisións, como en 2007 e en 2012. No último ano no que se dispón de información (2022) rexistrouse un aumento interanual do 1,9%.

Protección ambiental

Inversión en protección ambiental. Galicia
Unidade: Euros
2020 2021
Total 35.992.276 38.305.892
Protección do aire e o clima 26.715.299 20.290.877
Xestión de augas residuais 1.556.863 7.163.210
Xestión de residuos 4.147.159 2.522.888
Protección e descontaminación de solos, augas subterráneas e superficiais 1.088.526 663.615
Protección do ruído e das vibracións 203.773 694.517
Protección da biodiversidade e as paisaxes 786.861 170.543
Outras actividades de protección 1.493.795 6.800.242
NE. Estadísticas sobre las actividades de protección medioambiental.

En 2021 os establecementos empresariais galegos tiveron un investimento total de 38,3 millóns de euros en protección ambiental, un 6,4% máis que no ano anterior.

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos