ÍNDICE


Poboación segundo a relación coa actividade económica

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia Miles de persoas e porcentaxes
2022 2023 Variación
interanual %
Total
Total 2.349 2.359 0,41
Activos 1.241 1.250 0,77
Poboación ocupada 1.104 1.129 2,27
Poboación parada 137 121 -11,32
Poboación inactiva 1.109 1.109 0,02
Homes
Total 1.121 1.125 0,30
Activos 639 643 0,63
Poboación ocupada 575 586 1,91
Poboación parada 64 57 -10,87
Poboación inactiva 482 482 -0,15
Mulleres
Total 1.228 1.234 0,51
Activos 602 607 0,91
Poboación ocupada 529 543 2,67
Poboación parada 73 64 -11,72
Poboación inactiva 626 627 0,14
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Galicia, no ano 2023, contaba con 1.250.000 activos, dos cales 1.128.500 estaban ocupados e 121.400 parados.

Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 2,27% no número de ocupados e unha diminución do 11,32% no número de parados.

En 2023 a taxa de actividade situouse no 53%, valor 0,20 puntos superior ao de 2022. A taxa de ocupación aumentou 0,80 puntos ata o 47,80% e a taxa da paro diminuíu 1,30 puntos ata acadar o 9,70%.

Poboación ocupada segundo a situación profesional

Poboación ocupada segundo a situación profesional e o sexo. Galicia. Ano 2023 Miles de persoas
Total Homes Mulleres
Total 1.128,5 585,6 543,0
Empresario con asalariados 63,8 41,0 22,8
Traballador independente ou empresario sen asalariados 142,0 82,7 59,3
Membro dunha cooperativa 1,7 1,1 0,6
Axuda na empresa ou negocio familiar 2,5 1,7 0,8
Asalariado do sector público 196,1 81,6 114,5
Asalariado do sector privado 722,3 377,5 344,8
Outra situación 0,1 0,0 0,1
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Dos 1.128.500 ocupados residentes en Galicia no ano 2023, o 18,3% eran traballadores por conta propia, o 81,5% asalariados e o 0,2% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).

Poboación ocupada segundo o sector de actividade

No ano 2023, o 71,7% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 14,9% na industria, o 6,8% na construción e o 6,7% restante na agricultura e pesca.

Con respecto ao ano 2022, o número de ocupados no sector servizos aumentou un 2,2%. Na industria o número de ocupados aumentou un 1,4%, na construción aumentou un 0,5%, no sector da agricultura aumentou un 7,9% e no sector da pesca o número de ocupados aumentou un 3,2%.

Asalariados segundo o tipo de contrato

En 2023, o 83,31% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido. No caso das mulleres os contratos indefinidos foron o 80,32%.

No ano 2023, o 85,93% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 7,29% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 21,40%.

Afiliacións á Seguridade Social

Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o réxime. Galicia
Número e porcentaxes
2022 2023 Variación interanual
Total 1.036.862 1.055.084 1,76
Réxime xeral (excl. Agrario e Fogar) 779.712 800.498 2,67
Réxime especial minería do carbón 0 0 0,00
Réxime especial agrario 5.846 6.112 4,55
Réxime especial empregados do fogar 24.283 23.716 -2,33
Réxime especial de autónomos 207.217 205.429 -0,86
Réxime especial do mar 19.803 19.328 -2,40
Fonte: Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social

En 2023, a Seguridade Social contabilizou unha media de 1.055.084 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 18.222 afiliacións con respecto ao ano anterior, o 1,76%.

Por réximes, o xeral tivo en 2023 un aumento do 2,67% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos sufriu unha diminución do 0,86% no número de afiliacións.

Paro rexistrado

En 2023 a media anual do paro rexistrado en Galicia situouse en 134.468 persoas, un 8,0% menos que no ano anterior. O 49,0% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 36,2% menos de 6 meses e o 14,8% restante, entre 6 meses e un ano.

Paro rexistrado segundo a duración da demanda. Galicia
Número e porcentaxes
2022 2023 Variación interanual
Total 146.167 134.468 -8,00
Menos ou igual a un 1 mes 17.102 13.906 -18,69
Máis de 1 mes e menos ou igual a 6 40.764 34.708 -14,86
Máis de 6 meses e menos ou igual a 1 ano 20.092 19.928 -0,82
Máis de 1 ano 68.208 65.926 -3,35
Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

O custo laboral

Custo laboral anual por traballador e sector de actividade. Galicia. Ano 2022
Euros
Total Industria Construción Servizos
Custo laboral bruto 30.816,90 35.731,15 33.655,03 29.435,33
Soldos e salarios 22.655,99 26.065,77 24.351,19 21.715,22
Cotizacións obrigatorias 7.453,41 8.701,77 8.710,50 7.053,75
Cotizacións voluntarias 108,55 189,92 120,33 88,49
Prestacións sociais directas 310,45 252,31 209,24 333,53
Indemnizacións por despedimento 87,21 123,99 63,51 80,67
Gastos en formación profesional 57,21 109,51 46,15 46,07
Gastos en transporte 8,05 20,73 7,37 5,17
Gastos de carácter social 15,48 43,66 0,00 10,37
Outros gastos 120,55 223,49 146,74 102,06
Subvencións e deducións 249,15 148,22 160,09 280,82
Custo laboral neto 30.567,75 35.582,93 33.494,94 29.154,51
Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 30.816,90 euros no ano 2022. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 30.567,75 euros por traballador.

Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 73,52% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24,19% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 2,30% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional…)

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos