ÍNDICE


Alumnado matriculado en ensinanza non universitaria

No curso 2023-2024 o número de alumnos matriculados na educación non universitaria de réxime xeral aumentou un 0,08% con respecto ao curso 2022-2023, con 381.337 alumnos, segundo os datos provisionais.

Os niveis de ensinanza nos que se rexistraron maiores diminucións na matrícula foron os de Bacharelato de adultos (-7,64%) e Educación infantil (-5,41%). Pola contra, onde máis aumentaron as matrículas foron nas ensinanzas de Ciclos formativos de grao superior adultos e Educación especial, nun 18,24% e nun 7,91%, respectivamente.

Alumnado matriculado en ensinanza non universitaria de réxime xeral Curso 2023-2024
Ensinanza Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
Total 381.337 164.006 39.939 36.276 141.116
Educación infantil 50.129 21.442 5.573 4.689 18.425
Educación primaria 128.899 55.119 14.033 12.539 47.208
Educación secundaria obrigatoria (ESO) 98.018 41.514 9.924 9.466 37.114
Bacharelato ordinario 32.801 14.272 3.171 3.118 12.240
Formación profesional básica 4.815 1.805 569 575 1.866
Ciclos formativos de grao medio ordinarios 16.293 6.611 1.657 1.565 6.460
Ciclos formativos de grao superior ordinarios 19.605 8.928 1.851 1.609 7.217
Programas de cualificación profesional inicial 0 0 0 0 0
Bacharelato de adultos 3.094 1.750 344 210 790
Ciclos formativos de grao medio adultos 7.458 3.182 1.102 782 2.392
Ciclos formativos de grao superior adultos 13.770 6.635 1.070 1.059 5.006
Ensinanzas básicas iniciais e ESO adultos 4.855 2.069 555 504 1.727
Educación especial 1.296 527 63 128 578
Programas formativos 244 135 27 3 79
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Datos e cifras do ensino non universitario. Datos provisionais

Alumnado matriculado en ensinanza universitaria

No curso 2022-2023 nas universidades galegas matriculáronse 61.727 alumnos, 90 máis que no curso anterior. A Universidade de Santiago segue a ser a que conta co maior número de alumnado universitario matriculado, representando o 40,89% do total.

A presenza de mulleres segue a ser maior que a dos homes en todas as ramas, excepto na rama de Enxeñería e Arquitectura.  

Alumnos matriculados na ensinanza universitaria segundo rama. Galicia. Curso 2023-2024
Total Porcentaxe mulleres
Total 61.727 56,1
Ciencias da Saúde 10.475 74,5
Ciencias 6.160 52,8
Ciencias Sociais e Xurídicas 26.164 61,2
Enxeñería e Arquitectura 13.140 27,7
Artes e Humanidades 5.788 67,3
Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente.

Profesorado en centros de titularidade pública

No curso 2023-2024 a cifra de persoal docente nos centros de titularidade pública de Galicia acada o valor de 29.730. Neste colectivo existe unha forte presenza de mulleres, onde representan o 72,67% do total.  

Profesores de ensinanza universitaria

O número de profesores nas universidades galegas aumentou un 2,8% no curso 2022-2023.
Profesores de ensinanza universitaria segundo o tipo de profesor nas universidades galegas Curso 2022-2023
2023
Catedráticos 740
catedráticos de universidades 705
catedráticos de escolas universitarias 35
catedráticos investigadores 0
Profesores titulares 1.875
profesores titulares de universidades 1.757
profesores titulares de escolas universitarias 118
Profesores asociados 944
Profesores axudantes 385
Outros 1.596
Total 5.540
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente

Abandono educativo temperán

No ano 2023 o 9,10% da poboación galega de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación. Esta porcentaxe é 5,60 puntos menor nas mulleres que nos homes.  

Produción editorial

En Galicia, no ano 2022 editáronse 2.415 títulos, un 2,24% máis que o ano anterior. A provincia da Coruña acumulou en 2022 o 54,41% dos títulos que se editaron en Galicia.  

Gasto en bens e servizos culturais

En Galicia, no ano 2022, o gasto medio por fogar en bens e servizos culturais foi de 594 euros, un 6,87% máis que no ano anterior.  

Actividade cinematográfica, artes escénicas e musicais.

Actividade cinematográfica. Galicia. Ano 2023
2023 Variación interanual %
Espectadores por sala (millóns) 17.370,0 33,01
Asistencia media por habitante 1,2 33,33
Gasto medio por espectador (euros) 6,3 5,00
Gasto medio por habitante (euros) 7,5 36,36
Fonte: Ministerio de Cultura. Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales.
Estadística de Cinematografía: Producción, Exhibición, Distribución y Fomento.
Artes musicais e escénicas.Galicia. Ano 2023
2023
Compañía de danza 98
Compañía de teatro 259
Salas de concerto 74
Espazos escénicos estables teatrais 97
Agrupacións de cámara 12
Agrupacións líricas 1
Bandas 112
Coros 342
Orquestas de cámara 5
Orquestas sinfónicas 10
Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
Explotación Estadística de las Bases de Datos de Recursos Musicales, de la Danza y de Artes Escénicas

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos