ÍNDICE


PIB

Contas económicas de Galicia. Producto interior bruto a prezos de mercado.
Unidade: Prezos correntes en miles de euros
2022 2023 Taxa de variación
anual (%)
Prezos correntes 70.727.103,00 75.849.914,0 7,2
Índices de volume encadeados, referencia ano 2015=100 112,04 114,1 1,8
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019.

En Galicia, o produto interior bruto (PIB) a prezos de mercado en 2023 estímase en 75.849,91 millóns de euros, un 7,2% superior ao ano 2022. O crecemento real da economía galega (taxa de variación interanual do pib en volume) con respecto ao 2022 sitúase no 1,8%.

Taxas de variación dos compoñentes do PIB desde a perspectiva da demanda e da oferta.
Galicia. Ano 2023

Unidade: Porcentaxe
Demanda Taxa de variación
anual (%)
Gasto en consumo final 1,1
Gasto dos fogares e ISFLSF 0,5
Gastos das AA.PP. 3,0
Formación bruta de capital -0,7
Demanda interna (en termos nacionais) (*) 0,8
Exportación de bens e servizos 1,5
Importación de bens e servizos -0,3
Oferta Taxa de variación
anual (%)
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca -0,9
Industria 2,5
Construción 0,8
Servizos 2,3
Impostos netos sobre os produtos -0,5
Servizos non de mercado 0,5
GE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019.
(*) Achega ao crecemento do PIB no caso de taxas de variación

En termos de paridade de poder adquisitivo (PPS), o PIB por habitante en Galicia en 2022 foi un 21,2% inferior á media dos 27 estados que compoñen a UE desde o ano 2020.

Emprego

Postos de traballo equivalentes a tempo completo. Galicia. Ano 2023
Emprego Variación interanual
Total 1.044.120 2,0
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca 70.438 1,0
Industria 149.441 1,7
Construción 77.961 2,6
Ramas dos servizos 746.280 2,0
Servizos non de mercado 164.128 -0,3
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais.Revisión Estatística 2019.

A evolución do emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistrou en 2023 en termos relativos unha suba do 2%, con 1.044.120 postos de traballo.

O 71,47% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo corresponden ao sector servizos, que rexistrou unha suba do 2% con repecto ao ano anterior.

Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos