Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do pagador
Neste apartado analízanse os custos laborais medios relacionados coa contratación dos traballadores a partir dos resultados da Encuesta Anual de Coste Laboral que ten como obxetivo principal coñecer os niveis das distintas compoñentes do custo laboral. Nesta enquisa investíganse as contas de cotización das empresas con actividade nos tres grandes sectores económicos: industria, construción e servizos (agás as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico). |
Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España Euros |
O custo total por traballador en Galicia, en termos brutos, foi de 29.041 euros durante o 2019, un 3,8% máis que no ano anterior. No conxunto do estado, o custo laboral bruto incrementouse un 2,4% en 2019. O custo laboral neto foi de 28.856 euros por traballador en Galicia en 2019, unha vez deducidos 185 euros en conceptos de subvencións e deducións recibidas das Administracións Públicas para fomentar o emprego e a formación profesional. |
Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España |
|||
Estrutura do custo laboral bruto por traballador. Galicia e España Euros e porcentaxes |
|
En 2019 o custo laboral medio por traballador en Galicia representou o 91% da media nacional. O 73% do custo total en Galicia destinouse a salarios (21.173 euros por traballador) e o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social (7.011 euros por traballador). Do resto de partidas que compoñen o custo, 376 euros anuais por traballador destináronse a beneficios sociais, 103 corresponderon a indemnizacións por despedimento, 64 euros a formación profesional e 313 a gastos derivados do traballo (transporte ata o lugar de traballo, indemnizacións por fin de contrato, pequenas ferramentas e roupa de traballo, ...). |
Evolución do peso custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade Porcentaxes |
|
Tal e como se observou no apartado anterior o custo laboral medio por traballador en Galicia representou no ano 2019 o 91% da media nacional. En todos os sectores de actividade o custo laboral medio de Galicia é inferior ao nacional. En 2019 o sector da construción continúa sendo o sector da economía que mostra unha menor diferenza entre os custos laborais medios observados en Galicia e no conxunto nacional. Neste sector, o custo é practicamente igual ao do conxunto nacional debido ao crecemento rexistrado desde o ano 2017 |
Evolución do peso custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade Porcentaxes |
||
INE. Encuesta anual de coste laboral. Extraído de http://www.ine.es
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies