Resumo de resultados




Estudo de salarios / A remuneración do factor traballo na economía galega

Estudo sobre salarios. A remuneración do factor traballo na economía galega

Introdución

Os datos do Sistema de Contas Económicas de Galicia ofrecen unha perspectiva macroeconómica da remuneración do factor traballo na comunidade autónoma. A metodoloxía seguida na elaboración das Contas Económicas en Galicia permite realizar comparacións con outros espazos económicos. Neste apartado analizarase como evoluciona a remuneración dos asalariados en Galicia, en que sectores está máis concentrada e en cales a remuneración por hora é maior, e veremos como mudou a economía galega nos últimos anos.

Peso da remuneración dos asalariados no PIB

 

A remuneración de asalariados é unha compoñente do Produto Interior Bruto cando se analiza pola vía das rendas. Indica que parte do valor engadido bruto xerado por unha economía vai destinada a remunerar o factor traballo. Este concepto inclúe a remuneración total, en efectivo ou en especie, a pagar por un empregador a un asalariado a cambio do traballo realizado por este durante o exercicio contable. É un concepto interior, isto é, considera as rendas do traballo pagadas por unidades residentes, independentemente da residencia do asalariado.

 
  Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Porcentaxes
 
 
 

O peso dos salarios no PIB galego sube por terceiro ano consecutivo, tras seis anos de caída. En 2020 representa o 46,0 % do PIB (dous puntos porcentuais máis que en 2019) pero chegou a representar o 48% no ano 2009.

En España o peso no PIB en 2020 tamén é menor ao de 2009, pero non na media dos países da UE27. Tanto na economía española como na europea se produciu un incremento nos tres últimos anos. Porén, a participación das rendas salariais no PIB é inferior en Galicia.

  Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Porcentaxes
 

Evolución remuneración de asalariados

 
Evolución remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 
 
 

En termos correntes a evolución da remuneración de asalariados en Galicia era positiva desde 2015, despois de seis períodos consecutivos de caídas. Pero no ano 2020 trúncase esta tendencia e amosa unha evolución negativa. Isto está relacionado fundamentalmente coa evolución do emprego asalariado.

Na UE27 este agregado só cae nos anos 2009 e 2020, e no período 2010-2011 medrou a taxas superiores ao 2%. En 2012 e 2013 o crecemento deste indicador foi máis moderado, pero recupérase a partir de 2014. En 2017 e 2018 crece por riba do 4%, pero esta evolución volve a moderarse en 2019 e toma valores negativos en 2020.

  Evolución remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada

 

A remuneración por hora efectiva asalariada é un indicador da remuneración por hora de traballo dos asalariados, que participan nos procesos produtivos dunha economía, e achegan forza de traballo.

 
  Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Euros/hora
 
 
 

A remuneración por hora asalariada en Galicia alcanzou en 2020 os 19,1 euros. Esta cifra supón o 77% da remuneración por hora na UE27.

Este diferencial Galicia-UE27 reduciuse desde o ano 2000 (a remuneración hora galega representaba o 72% da europea) ao ano 2009, no que a remuneración por hora asalariada alcanzou o 81%. Dende ese período o diferencial volve medrar.

Esta variable medrou a maior ritmo en Galicia que en España e Europa no que vai de século XXI, especialmente no período 2000-2010.

  Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Euros/hora
 

Remuneración de asalariados por grandes sectores de actividade

 

A información do sistema de contas permite coñecer en que sectores (ou ramas de actividade) está concentrada a remuneración de asalariados. Loxicamente dependerá do volume de traballo asalariado, e da remuneración media en cada sector.

 
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. Galicia
Porcentaxes
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. España
Porcentaxes
 
  Distribución da remuneración de asalariados por grandes sectores. UE27
Porcentaxes
    

Como na meirande parte das economías occidentais a remuneración dos asalariados concéntrase no sector servizos. Porén, en Galicia, o peso do sector servizos é inferior ao dato español ou da UE27. A achega do sector primario á remuneración dos asalariados é do 2,5% en Galicia no ano 2020, porcentaxe superior en máis dun punto á remuneración deste sector en España ou Europa.

        

Cambios na distribución da remuneración de asalariados por sectores

 

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. Galicia
Porcentaxes

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. España
Porcentaxes

Distribución da remuneración de asalariados por sectores. UE27
Porcentaxes

    

Analizando a evolución do peso da remuneración de asalariados por sectores ao longo dos últimos 20 anos obsérvase como o peso da industria vaise reducindo en todo o período, a construción sofre unha caída desde o ano 2007 e o sector servizos non deixa de medrar.

Estes fenómenos son comúns nos tres espazos considerados se ben a magnitude dos cambios é diferente.

        

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade

 
Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade. Ano 2020
Euros/hora

Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores.

As diferenzas son menores no caso do sector primario, da construción ou da Administración pública, sanidade e educación e relativamente importantes en sectores como o das actividades inmobiliarias, das actividades financeiras e de seguros ou o sector da información e das comunicacións.

As actividades de información e comunicacións, financeiras e de seguros e a Administración pública, sanidade e educación son os sectores que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia. En España e na UE27 tamén son estos sectores de actividade os mellor remunerados.


Evolución do custo laboral unitario real

 

Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución da produtividade do traballo e dos prezos. De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.

 
  Evolución do custo laboral unitario real. Galicia, España e Europa
Taxa de variación interanual (%)
 

En Galicia esta serie só toma valores positivos en 2007, 2008, 2009, 2019 e 2020.

O último gráfico recolle a evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia (remuneración por asalariado, produtividade do traballo e prezos). E mostra como en 2020 o incremento da remuneración media en Galicia supera o crecemento da produtividade e dos prezos, o que provoca que o indicador de evolución do custo laboral unitario real tome un valor positivo.

 
Evolución do custo laboral unitario real
Taxa de variación interanual (%)
Evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia
Taxa de variación interanual (%)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2019

Os datos de 2018, 2019 e 2020 son provisionais

Eurostat. National accounts (ESA 2010)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies