Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor
A Encuesta de Estructura Salarial é unha investigación sobre a estrutura e distribución dos salarios de periodicidade cuatrienal, que se realiza en todos os Estados Membros da Unión Europea (UE) de xeito harmonizado, en cumprimento do Regulamento do Consello da UE núm. 530/1999. A enquisa esténdese a todos os traballadores por conta allea que presten os seus servizos en centros de cotización e estivesen de alta na Seguridade Social no mes de outubro do ano de referencia. Non se inclúen polo tanto os funcionarios adscritos ás mutualidades e si se inclúen os empregados das empresas públicas. Investíganse só os centros de cotización con actividade principal incluída nas seccións da B á S da CNAE-09. Polo tanto, quedan fóra do ámbito desta enquisa a agricultura, gandaría, silvicultura e pesca, as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico, as actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio e as actividades de organizacións e organismos extraterritoriais, independentemente do tamaño do centro de traballo. Os obxectivos da enquisa poden resumirse, fundamentalmente, en dous:
|
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies