Resumo de resultados


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia

Estudo sobre salarios. O mercado de traballo en Galicia

Introdución

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para duplicar a mostra da EPA no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (poboación ocupada, parada, activa e inactiva) e a obter clasificacións de estas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados.

A partir da Enquisa de Poboación Activa (IGE-INE), neste apartado descríbese a poboación asalariada en Galicia segundo o sexo, idade, tipo de xornada, tipo de contrato, rama de actividade, nivel de estudos e a ocupación.

Datos xerais

Poboación asalariada

Situación de Galicia respecto das Comunidades Autónomas

Situación de Galicia respecto da Unión Europea

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo