Resumo de resultados




Táboas de mortalidade

Resumo de resultados 16/03/2018
Datos correspondentes aos anos 2015 (definitivo) e 2016 (provisional)

Introdución

As Táboas de mortalidade son elaboradas por practicamente todos os institutos de estatística oficial para medir a incidencia da mortalidade, sen ter en conta a influencia da estrutura de idades da poboación en estudo. Constitúen un instrumento idóneo para a comparación de grupos diferentes, resaltando as súas diferenzas e as súas semellanzas.

Están formadas por un conxunto de funcións biométricas aplicadas a unha xeración ficticia de individuos sometidos a un patrón de mortalidade similar ao observado na poboación de estudo durante o período de referencia. Entre as funcións que recolle unha táboa de mortalidade están as probabilidades de morte e supervivencia a cada idade x e, a máis coñecida destas funcións, a esperanza de vida en cada idade x, que vén a representar o número medio de anos que lle restarían por vivir a un individuo de idade x, de manterse as condicións de mortalidade existentes no período de referencia.

As Táboas de mortalidade aquí presentadas están elaboradas para a Comunidade Autónoma de Galicia e as catro provincias galegas, por sexo e por idades simples ("táboas completas"), ata o grupo final aberto de 100 anos ou máis.

Táboas de mortalidade

Aínda que as táboas de mortalidade aquí presentadas están referidas ao ano 2015 e teñen carácter definitivo, tamén se inclúe nesta operación estatística o avance do dato provisional de esperanza de vida correspondente ao ano 2016.

Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2015
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade
(descarga da táboa)

Esperanza de vida ao nacemento. Ano 2016
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade
(descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2016 son provisionais

No ano 2015 a esperanza de vida ao nacemento en Galicia rompe a tendencia alcista que presentaba na última década. Acada os 82,70 anos, cando na edición anterior foi de 82,92 anos. No 2016 o dato provisional cifra o aumento da esperanza de vida ao nacemento para Galicia en 0,08 anos, e sitúase en 82,78. Tamén aumenta o diferencial entre homes e mulleres, situándose próximo aos 6,5 anos.

Evolución da esperanza de vida ao nacemento. Galicia
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade    (descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2016 son provisionais

A esperanza de vida aos 65 e aos 80 anos tamén se incrementan en 2016 con respecto ás do 2015, pero aínda resultan inferiores ás recollidas en 2014.

Esperanza de vida aos 65 anos. Galicia
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade
(descarga da táboa)
Nota: os datos do ano 2016 son provisionais

Esperanza de vida aos 80 anos. Galicia
Anos

Fonte: IGE - Consellería de Sanidade. Táboas de mortalidade
(descarga da táboa)

Nota: os datos do ano 2016 son provisionais

Definicións e máis información

Definicións

  • Esperanza de vida ao nacer: é o número medio de anos vividos por unha xeración de nacidos baixo unhas condicións de mortalidade dadas
  • Esperanza de vida aos 65 anos: promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 65 anos, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes
  • Esperanza de vida aos 80 anos: promedio de anos que lle queda por vivir a unha persoa que chega con vida aos 80 anos, no caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo