A partir da información proporcionada polas proxeccións a curto prazo elaboradas anualmente polo Instituto Nacional de Estadística, o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel de comarcas. Preséntanse neste momento os resultados obtidos para o período temporal 2016-2031, por sexo e grupos quinquenais de idade. |
|
|||
Segundo estas estimacións varias comarcas perderían máis da cuarta parte da súa poboación nos próximos quince anos: Muros, Ortegal, Terra de Soneira, Os Ancares, A Fonsagrada, A Baixa Limia, Terra de Caldelas, Terra de Celanova, Terra de Trives ou Viana, con decrecementos no período 2016-2031 superiores ao 20%. Por outra parte, a única comarca que non perde poboación no período considerado sería a comarca de Santiago, con incremento do 0,3%. | |||
|
A poboación galega presenta valores negativos no seu saldo vexetativo, é dicir, un maior número de defuncións que de nacementos. Para o período de proxección considerado, 2016-2030, estímanse 222.637 nacementos e 479.019 defuncións en Galicia, o que representaría un saldo vexetativo negativo de 256.382 persoas. Por áreas, todas as áreas galegas presentarían un saldo vexetativo negativo. Nacementos e defuncións proxectados para o período 2016-2030. Áreas xeográficas |
A partir da información por grupos de idade pódense obter indicadores proxectados como, por exemplo, o índice de envellecemento (relación entre a poboación de 65 e máis anos con respecto á poboación menor de 20 anos), que de seguir as tendencias actuais, reflectiría un maior envellecemento de zonas xa envellecidas na actualidade. Outro indicador que se inclúe nesta publicación é o índice de sobreenvellecemento (proporción de poboación de 85 e máis anos con respecto á poboación de 65 e máis anos); en todas as áreas galegas, agás Lugo sur, estímase que se produza un incremento nesta variable nos próximos quince anos, chegando a superar o 25% no ano 2031 na área de Ourense sur. |
|||
|
|
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies