Resumo de resultados




Cifras poboacionais de referencia

Resumo de resultados 16/02/2018
Datos correspondentes ao 1 de xaneiro de 2017

Introdución

As Cifras de población, estatística realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), proporciona unha estimación da poboación residente en España, en cada comunidade autónoma, provincia e illa (nas provincias insulares), desagregada segundo características demográficas básicas, coma o sexo e a idade. Estes datos son empregados como cifras poboacionais de referencia en todas as operacións estatísticas do INE (enquisas, Contabilidade Nacional, indicadores, etc.) e son transmitidas a nivel internacional como datos oficiais de poboación de España a todos os efectos.

A partir da información proporcionada polas Cifras de población, o IGE elabora a desagregación territorial das mesmas, ata o nivel municipal, para o ámbito galego. Preséntanse neste momento os resultados obtidos con data de referencia o 1 de xaneiro de 2017, por sexo e grupos quinquenais de idade, en todos os concellos, e por sexo e idades simples para os sete grandes concellos de Galicia.

Información para Galicia, provincias e comarcas

Galicia rexistrou no 1 de xaneiro de 2017 unha cifra de poboación de 2.710.216 habitantes, o que supón un descenso de 9.886 persoas con respecto ao ano anterior, cifrada en 2.720.102 habitantes. Por provincias, A Coruña e Pontevedra concentran máis do 76% do total da poboación galega.


Poboación de Galicia e as provincias segundo o sexo. Ano 2017
Persoas

Fonte: INE. Cifras de población    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de 2017

Pirámide de poboación de Galicia. Ano 2017
Porcentaxe (%)

Fonte: INE. Cifras de población    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de 2017

Segundo as Cifras poboacionais de referencia, tres comarcas galegas gañaron poboación con respecto ao ano anterior: Santiago, A Coruña e Pontevedra.

Poboación das comarcas galegas que gañaron poboación con respecto ao ano anterior. Anos 2016 e 2017
Persoas

Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de cada ano
A partir do 1 de xaneiro de 2017 os datos da comarca de Pontevedra inclúen os do concello de Cerdedo-Cotobade, resultado da fusión dos concellos de Cerdedo (pertencente ata esa data á comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Cotobade. De aí, en parte, o incremento da poboación na comarca de Pontevedra ocorrida entre os anos 2016 e 2017.

Evolución da poboación das comarcas de Galicia, 2016-2017
Taxa de variación interanual (%)

Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de cada ano
A partir do 1 de xaneiro de 2017 os datos da comarca de Pontevedra inclúen os do concello de Cerdedo-Cotobade, resultado da fusión dos concellos de Cerdedo (pertencente ata esa data á comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Cotobade. De aí, en parte, o incremento da poboación na comarca de Pontevedra ocorrida entre os anos 2016 e 2017, así como a diminución na comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

Información para os sete grandes concellos de Galicia

Os sete grandes concellos galegos presentan desigual comportamento na súa evolución anual. Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo gañan poboación respecto ao ano anterior, namentres que A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense perden poboación.

Poboación dos sete concellos de Galicia con máis de 50.000 habitantes. Anos 2016 e 2017
Persoas

Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de cada ano

Peso dos sete grandes concellos de Galicia (con máis de 50.000 habitantes) na poboación total. Ano 2017
Porcentaxe

Fonte: IGE. Cifras poboacionais de referencia    (descarga da táboa)
Nota: a data de referencia dos datos é o 1 de xaneiro de 2017

Definicións e máis información

Definicións

  • Residente: considérase residente a toda persoa física que ten a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia.

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo