Resumo de resultados


Observatorio transfronteirizo / Observatório transfronteiriço Galicia - Norte de Portugal


Introdución

O Observatorio transfronteirizo Galicia–Norte de Portugal é o resultado das relacións de traballo entre o Instituto Galego de Estatística e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, a través do seu Observatório das Dinâmicas Regionais, que conta coa colaboración do Instituto Nacional de Estatística de Portugal, no que se refire á sección de datos estatísticos e na preparación da metainformación asociada. Tendo en conta as diferenzas existentes entre os sistemas estatísticos dos respectivos países, tratouse de seleccionar as variables para as cales é posible asegurar a necesaria harmonización. Só a comparabilidade da información permite a lectura conxunta das dúas rexións e, en consecuencia, o afondamento no estudo das relacións transfronteirizas.

A Eurrorexión está formada pola Comunidade Autónoma de Galicia e a Rexión Norte de Portugal, que comprende as seguintes áreas: Alto Minho, Cávado, Ave, Área Metropolitana do Porto, Alto Tâmega, Tâmega e Sousa, Douro e Terras de Trás-os-Montes (NUTS-2013). Estas áreas da Rexión Norte e as catro provincias galegas (A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) correspóndense coa desagregación territorial de NUTS III utilizada por EUROSTAT.

Poboación

No ano 2022 residían aproximadamente 6,3 millóns de habitantes nos 50.862,6 quilómetros cadrados que ocupa a Eurorrexión. Galicia presenta unha maior dispersión da poboación con 91 habitantes por quilómetro cadrado, mentres que na Rexión Norte a densidade de poboación é de 170,6 habitantes por quilómetro cadrado.

No último ano produciuse unha caída no número de habitantes do 0,24% en Galicia e unha subida do 0,6% na Rexión Norte.

Superficie, poboación e densidade. Ano 2022
Portugal Norte España Galicia
Poboación 10.467.366 3.631.502 47.475.420 2.690.464
Superficie (Km2) 92.225,2 21.285,9 505.968,4 29.576,7
Densidade (Hab./Km2) 113,5 170,6 93,8 91,0
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte



No que se refire á estrutura por idades, Galicia caracterízase polo alto grado de envellecemento da súa poboación. En 2022, o 26,1% da poboación residente en Galicia tiña 65 ou máis anos, fronte ao 23,4% da Rexión Norte de Portugal. Complementando a este indicador, o índice de envellecemento mostra que na Comunidade Autónoma de Galicia residen 230 persoas de 65 ou máis anos por cada 100 mozos menores de 15 anos. Para a Rexión Norte a relación é de 191,6 maiores de 65 ou máis anos por cada 100 menores de 15.

A pesar de que Galicia mostra un índice de envellecemento moi superior, a Rexión Norte presenta uns maiores incrementos no índice que, nesta rexión, sobe 44,1 puntos no período 2016 - 2022. En Galicia o índice pasa de 203,8 en 2016 a 230 en 2022.

No ano 2022 tanto Galicia como o Norte de Portugal rexistraron saldos vexetativos negativos, é dicir que nas dúas rexións o número de defuncións superou ao de nacementos. En Galicia o saldo vexetativo foi de -20.501 e no Norte de Portugal foi de -12.490.

No ano 2022 a taxa bruta de natalidade, calculada como o número de nacementos por cada mil habitantes, presenta valores máis elevados na Rexión Norte de Portugal: 7,30 fronte 5,38 en Galicia. A taxa bruta de mortalidade (número de defuncións por cada mil habitantes), é 2,3 puntos maior en Galicia que no Norte de Portugal.
Movemento natural da poboación 2022
Portugal Norte España Galicia
Nacementos 83.671 26.375 329.251 14.495
Defuncións 124.311 38.865 464.417 34.996
Taxa bruta de natalidade 8,00 7,30 6,88 5,38
Taxa bruta de mortalidade 11,90 10,70 9,67 12,98
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O mercado laboral

Aproximadamente 5,5 millóns de persoas constitúen, en 2023, a poboación en idade laboral da Eurorrexión, das cales aproximadamente 3,1 millóns están clasificadas como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 56,4%. Hai que ter en conta que a idade mínima legal para incorporarse ao mercado laboral é de 15 anos en Portugal e de 16 en España.

A taxa de actividade no Norte é maior que en Galicia: 61,3% fronte o 54,2%. O mesmo ocorre coa taxa de ocupación: 56,1% fronte o 47%. A taxa de paro acada en Galicia o 9,3% mentres que na Rexión Norte de Portugal é do 6,9%.
Poboación segundo a relación coa actividade económica 2023
Unidade: Miles de persoas
Portugal Norte España Galicia
Poboación de 16 ou máis anos / População com 15 ou mais anos 8.855,7 3.111,9 40.982,7 2.358,8
Activos 5.325,2 1.869,3 24.119,7 1.250,0
Ocupados / Empregados 4.978,5 1.738,0 21.182,2 1.128,5
Parados / Desempregados 346,6 131,3 2.937,5 121,4
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


No tocante á poboación ocupada, tamén se observan diferenzas estruturais na clasificación segundo o sector de actividade económica.

O sector servizos é o que conta cun maior peso nas dúas rexións, pero en porcentaxes diferentes: o 71,7% dos ocupados galegos traballan neste sector, fronte o 64,5% dos traballadores da Rexión Norte. En contraposición, a industria ten unha maior importancia na Rexión Norte, cun 25,5% dos ocupados totais, mentres que en Galicia a porcentaxe de ocupados na industria é do 14,9%. Pola súa banda, o sector primario dá traballo ao 2,6% dos ocupados da Rexión Norte de Portugal e ao 6,6% de Galicia.

O comercio intracomunitario

No ano 2023, Galicia exportou con destino á UE-27 (excluíndo o resto de España) mercadorías por valor de 21.452,0 millóns de euros, mentres que o valor das mercadorías introducidas foi de 8.192,4 millóns. Como resultado, a balanza comercial coa UE-27 presenta un superávit de 13.259,6 millóns de euros. Francia e Portugal son os principais destinos das mercadorías expedidas por Galicia e os principais provedores.

Na Rexión Norte de Portugal, o valor das expedicións con destino á UE-27 (excluíndo o resto de Portugal) superou en 1.964,8 millóns de euros o valor das introducións. Os produtos exportados por esta rexión teñen como destino principal España e Francia mentres que no tocante as importacións, España e Alemaña son os principais fornecedores da Rexión Norte.

Comercio intracomunitario. Expedicións por destino e introdución por orixe. Ano 2023
Unidade: Millóns de euros
Norte
Galicia
Eurorrexión/Eurorregião
Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas Expedicións / Expedições Introducións / Chegadas
Total 20.411,1 18.446,3 21.452,0 8.192,4 41.863,1 26.638,8
Alemaña / Alemanha 3.474,6 2.782,3 1.815,2 797,2 5.289,8 3.579,5
Austria / Áustria 222,3 170,1 122,9 94,9 345,2 265,0
Bélxica / Bélgica 574,0 901,5 1.223,6 322,6 1.797,6 1.224,1
Bulgaria / Bulgária 40,1 20,7 88,1 56,3 128,2 77,0
Chipre / Chipre 16,1 1,5 103,6 0,1 119,7 1,6
Croacia / Croacia 25,6 15,0 179,7 26,7 205,3 41,6
Dinamarca / Dinamarca 232,9 100,3 134,1 67,7 366,9 168,0
Eslovaquia / Eslováquia 329,6 53,9 168,4 169,5 498,1 223,4
Eslovenia / Eslovénia 34,0 29,5 81,1 25,3 115,1 54,8
España / Espanha 7.037,9 9.018,1 .. .. .. ..
Estonia / Estónia 43,8 9,3 45,0 4,0 88,8 13,3
Finlandia / Finlândia 79,7 100,0 119,0 84,9 198,7 184,9
Francia / França 4.472,5 1.591,3 5.282,7 1.712,3 9.755,2 3.303,5
Grecia / Grécia 71,8 48,0 599,6 36,3 671,4 84,4
Hungría / Hungria 118,9 67,5 111,8 12,1 230,7 79,6
Irlanda / Irlanda 176,1 116,3 323,9 45,5 500,0 161,8
Italia / Itália 1.119,3 1.552,2 3.015,4 850,2 4.134,8 2.402,4
Letonia / Letónia 14,7 11,8 25,6 14,0 40,3 25,8
Lituania / Lituânia 43,6 15,1 55,0 20,0 98,6 35,1
Luxemburgo / Luxemburgo 46,0 45,2 44,9 18,2 90,8 63,3
Malta / Malta 10,2 3,6 49,3 2,4 59,6 6,0
Países Baixos / Países Baixos 996,4 858,9 976,9 504,1 1.973,3 1.363,1
Polonia / Polónia 375,9 474,1 1.684,3 181,0 2.060,2 655,1
Portugal / Portugal .. .. 4.220,0 2.628,9 .. ..
República Checa / República Checa 225,6 137,3 157,4 54,2 383,0 191,5
Romanía / Roménia 199,4 80,9 336,5 65,2 535,9 146,0
Suecia / Suécia 424,2 241,7 228,4 271,0 652,6 512,7
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

En Galicia os produtos máis exportados á UE-27, atendendo as seccións arancelarias da clasificación TARIC, son: material de transporte (23,9% do valor total das expedicións) e as materias téxtiles e as súas manufacturas (27,4%) e e os produtos máis importados son o material de transporte (22,1%) e os metais comúns e manofacturas deses metais (16,8%).

En 2023, o 16,4% do valor das mercadorías exportadas pola Rexión Norte e con destino a UE-27 eran materias téxtiles e as súas manufacturas. No que se refire ás introducións, o Norte de Portugal importa máquinas, aparellos e material eléctrico (21,7% do valor total das introducións) e metais comúns e as súas manufacturas (12,6%).

Contas rexionais

O produto interior bruto xerado pola economía galega no ano 2022 acadou os 70.727,10 millóns de euros, o que supón un PIB per cápita a prezos correntes de aproximadamente 26.250 euros. Neste ano o PIB aumentou en Galicia un 4,1% con respecto ao ano anterior en termos de índices de volume. Na Rexión Norte, o PIB para 2022 estímase en 71.872,97 millóns de euros e o PIB per cápita a prezos correntes en 20.140 euros. O PIB medido en índices de volume subiu, neste ano, un 5,6%.
Produto interior bruto a prezos de mercado. Ano 2022
Portugal Norte (NUTS-2013) España Galicia
PIBpm (millóns de euros) / PIB (milhões de euros) 242.340,81 71.872,97 1.346.377,00 70.727,10
PIBpm per cápita (miles de euros) / PIB per capita (milhares de euros) 23,53 20,14 28,16 26,25
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte


Desde a perspectiva da oferta, na estrutura do valor engadido bruto por sectores de actividade económica, a rama agraria e pesqueira ten un maior peso en Galicia que na Rexión Norte de Portugal (un 4,9% fronte a un 1,3%), mentres que a contribución da industria é maior na Rexión Norte (24,9% na Rexión Norte e 18,3% en Galicia). O sector da construción aporta o 5,9% do VEB galego e o 5,4% do da Rexión Norte.

Valor engadido bruto a prezos básicos por ramas de actividade CNAE09 2022
Unidade: Millons de euros
Norte Galicia
Total 62.201 64.757
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca / Agricultura, produção animal, caça, floresta e pesca 781 3.166
Industria / Indústrias extrativas; indústrias transformadoras; produção e distribuição de electricidade, gás, vapor e ar frio; captação, tratamento e distribuição de água; saneamento, gestão de resíduos e despoluição 15.493 11.839
Construción / Construção 3.348 3.836
Comercio, transporte e hostalería / Comércio por grosso e a retalho; reparação de veículos automóveis e motociclos; transportes e armazenagem; atividades de alojamento e restauração 13.075 15.878
Información e comunicacións / Informação e comunicação 2.228 2.044
Actividades financeiras e de seguros / Atividades financeiras e de seguros 2.285 2.373
Actividades inmobiliarias / Atividades imobiliarias 7.160 6.881
Actividades profesionais (actividades de consultoría, científicas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos servizos de apoio)/ Atividades de consultoria, cientificas, técnicas e similares; actividades administrativas e dos serviços de apoio 4.934 4.310
Administración pública, sanidade e educación / Administração pública e defesa; segurança social obrigatória; educação, saúde humana e ação social 11.241 12.076
Actividades artísticas, recreativas e outros servizos / Atividades artísticas e de espetáculos; reparação de bens de uso doméstico e outros serviços 1.657 2.354
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O sector turístico

Un total de 3.840 establecementos (incluíndo establecementos hoteleiros, de turismo rural, campamentos e apartamentos turísticos) forman a oferta turística da Comunidade Autónoma de Galicia e poñen a disposición dos viaxeiros un total de 89.184 prazas. En 2022, un total de 5.449.492 viaxeiros aloxáronse nestes establecementos.

Na Rexión Norte de Portugal, a oferta turística está constituída por 1.929 establecementos, cunha capacidade de aloxamento de 81.308 prazas. O número de viaxeiros que en 2022 se aloxaron nalgún establecemento de turismo da Rexión Norte situouse en 6.045.520.

Número de establecementos de turismo e prazas. Ano 2022
Establecementos / Estabelecimentos
Prazas / Capacidade de alojamento
Norte Galicia Norte Galicia
Total 1.929 3.840 81.308 89.184
Estrelas de ouro / Hotéis 437 627 49.397 43.856
Estrelas de prata / Pensões 1446 790 28.001 14.935
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 46 2.423 3.910 30.393
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Número de viaxeiros nos establecementos de turismo. Ano 2022
Norte Galicia
Total 6.045.520 5.449.492
Estrelas de ouro / Hotéis 4.435.560 3.724.298
Estrelas de prata / Pensões 1.357.028 969.185
Outros establecementos / Outros estabelecimentos 252.932 756.009
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

Indicadores sociais

No que a saúde se refire, en 2022 a ratio de médicos por 1.000 habitantes foi similar: 5,76 no caso galego fronte a 5,90 na Rexión Norte. No ano 2022 había 81 establecementos sanitarios con réxime de internado na Rexión Norte cun total de 12.435 camas, fronte a 33 establecementos e 8.644 camas no caso galego.

A esperanza de vida, indicador que permite realizar comparacións sobre a mortalidade e as condicións de saúde en distintas poboacións, é superior en Galicia. A esperanza de vida para os residentes en Galicia é de 83,17 anos, fronte os 81,53 anos da rexión Norte de Portugal. É de salientar que o indicador é superior para as mulleres en ambas as dúas rexións. Para Galicia a diferenza entre a esperanza de vida masculina e feminina no momento do nacemento é de 5,6 anos (a favor das mulleres). Na Rexión Norte de Portugal os homes viven de media 5,3 anos menos que as mulleres.
Indicadores de saúde. Ano 2022
Portugal Norte España Galicia
Camas por 1.000 habitantes 3,50 3,40 2,95 3,28
Médicos por 1.000 habitantes 5,80 5,90 6,12 5,76
Taxa de mortalidade infantil (tanto por mil / Permilagem) 2,60 2,40 2,60 1,86
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte
Esperanza de vida. Ano 2022
Portugal Norte España Galicia
Total 80,96 81,53 83,08 83,17
Homes / Homens 78,05 78,74 80,36 80,31
Mulleres / Mulheres 83,52 84,02 85,74 85,95
Fonte: Observatorio transfronteirizo Galicia-Norte

O abandono educativo temperán permite comparacións entre os niveis educativos a un lado e outro da fronteira galaico portuguesa. Este indicador defínese como a porcentaxe de mozos entre 18 e 24 anos (ambos inclusive) que non completou o nivel de educación secundaria segunda etapa, e tampouco segue ningún tipo de formación (regrada ou non regrada). En 2023 esta porcentaxe foi do 9,1% en Galicia e do 6,2% na Rexión Norte de Portugal.

Outro indicador utilizado para analizar o estado do sistema educativo en ambas as dúas rexións é a porcentaxe de persoas de 30 a 34 anos que alcanzaron a educación superior: en Galicia é do 53,8%, mentres que na Rexión Norte de Portugal sitúase no 38,4%.


Definicións e máis información

Definicións

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo