Resumo de resultados




Enquisa estrutural a fogares. Seguridade viaria. Edición 2013

Resumo de resultados 05/08/2014

Introdución

A Enquisa de condicións de vida das familias é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico.

Un dos módulos específicos de 2013 está dedicado á seguridade viaria e realizouse en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas. Neste módulo facilítase información referente ás causas que concorren nos accidentes de tráfico, ao uso do cinto de seguridade nos turismos, ao uso dos pasos de peóns e elementos reflectores.

Principal causa dos accidentes de tráfico

O 58,4% dos galegos de 16 ou máis anos considera que a principal causa dos accidentes de tráfico son o alcohol e as drogas, seguida moi de lonxe pola velocidade inadecuada (16,5%) e as distraccións (10,5%). O 8,6% considera que non respectar as normas de circulación é a principal causa dos accidentes mentres que só 3 de cada 100 galegos cree que o motivo principal é o mal estado da estrada ou da sinalización.

Persoas segundo a que consideran a principal causa dos accidentes de tráfico. Galicia. Ano 2013

Persoas segundo a que consideran a principal causa dos accidentes de tráfico. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Nota: "Outra" inclúe mal estado da estrada e/ou da sinalización, cansazo, sono ou enfermidade, malas condicións meteorolóxicas...

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Principais causas que se considera que concorren nos accidentes de tráfico

Na seguinte táboa móstranse as principais causas que os galegos pensan que concorren nos accidentes de tráfico. Practicamente o 88% dos galegos de 16 ou máis anos considera que o alcohol e as drogas é unha das tres principais causas que concorren nos accidentes de tráfico. Por grupos de idade, a porcentaxe é maior entre a poboación de 65 ou máis anos e entre os mozos menores de 25 anos (89,4%). No outro extremo atópase o grupo de idade de 35 a 44 anos onde a porcentaxe baixa ata o 84,9%.

No tocante á velocidade inadecuada, é unha das tres principais causas que concorren nos accidentes de trafico para o 66,2% dos galegos de 16 ou máis anos, aínda que se observan importantes diferenzas segundo a idade: para as persoas no grupo de idade máis alto a porcentaxe elévase ata o 73,4% mentres que para os que se atopan no grupo de 25 a 34 anos roza o 61%.

Principais causas que considera que concorren nos accidentes de tráfico por idade. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)
Nota: para cada causa indícase a porcentaxe de persoas de 16 ou máis anos que a consideran unha das tres principais causas dos accidentes de tráfico.

Frecuencia de uso do cinto de seguridade nos turismos

No que respecta ás medidas de seguridade viaria, o 96,3% dos galegos de 16 ou máis anos que viaxa en turismo sempre utiliza o cinto de seguridade (non se inclúe a poboación que non viaxa en turismo ou está exenta de usar o cinto). A porcentaxe dos que non usa nunca o cinto ou só o utiliza ás veces non chega ao 1%.

Persoas segundo a frecuencia de uso do cinto de seguridade nos turismos. Ano 2013
Porcentaxes

Persoas segundo a frecuencia de uso do cinto de seguridade nos turismos. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Frecuencia de uso dos pasos de peóns

Arredor do 48% dos viandantes de 16 ou máis anos manifesta usar os pasos de peóns sempre (exclúese a poboación que na actualidade non vai por rúas ou estradas con pasos de peóns), o 37% case sempre, o 13,9% ás veces e o 1,2% restante, nunca. Cabe destacar que a porcentaxe do uso do paso de peóns é maior entre as mulleres que entre os homes: o 52,2% das mulleres utiliza os pasos de peóns sempre mentres que para os homes esta porcentaxe é 8,8 puntos máis baixa.

Ao comparar este indicador para os sete grandes concellos, obsérvase que Vigo é o concello coa maior porcentaxe de residentes que usa sempre os pasos de peóns (51,5%). A cola atópase Santiago de Compostela onde esta porcentaxe cae ata o 34,5%. Porén, Lugo é o concello coa maior porcentaxe de poboación que nunca utiliza os pasos de peóns ou que só o fai ás veces.

Persoas segundo a frecuencia de uso dos pasos de peóns por sexo. Galicia. Ano 2013
Porcentaxes

Persoas segundo a frecuencia do uso dos pasos de peóns. Grandes concellos. Ano 2013
Porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Frecuencia de uso de elementos reflectores

Persoas segundo a frecuencia de uso de elementos reflectores. Ano 2013
Porcentaxes

Por último, case a metade (47,1%) dos galegos de 16 ou máis anos que camiña por beiravías ou estradas con mala visibilidade non utiliza nunca elementos reflectores, o 15,9% só o utiliza ás veces, o 10,7% case sempre e o 26,3% restante declara que os usa sempre.

Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias (descarga da táboa)

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo