A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico. O módulo específico de 2014 está dedicado ao ocio e hábitos culturais. Este módulo ten como obxectivo coñecer os hábitos culturais e de lecer da poboación galega. |
A porcentaxe de poboación galega de 5 ou máis anos que asiste ao cine polo menos unha vez ao mes é do 8,3%. Esta porcentaxe caeu 4,9 puntos respecto ao ano 2006. Porén, a porcentaxe dos que non van nunca ao cine subiu do 52,5% en 2006 ata o 55,6% en 2014. No que respecta á asistencia a espectáculos deportivos, aumentou a porcentaxe de galegos que asiste de xeito habitual (polo menos unha vez no mes) a este tipo de eventos: do 10,0% en 2006 ata o 13,8% en 2014. |
||
Persoas segundo a frecuencia de asistencia ao cine. Galicia |
Persoas segundo a frecuencia de asistencia a espectáculos deportivos |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Na seguinte táboa móstrase a porcentaxe de galegos de 5 ou máis anos segundo a frecuencia coa que asisten a certos espectáculos ou eventos culturais. Cabe destacar que o 72,3% nunca vai ao teatro, monicreques, contacontos ou ao circo. |
||
Asistencia a espectáculos e eventos culturais. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Como se pode observar na seguinte táboa, as actividades principais que levan a cabo os galegos no seu tempo libre varían en función da idade. Para o 41,2% dos rapaces de 5 a 14 anos, facer actividades coa familia é a ocupación principal que realizan no seu tempo libre. Para os mozos de entre 15 e 29 anos destacan as actividades audiovisuais e de lectura (34%) e saír ou reunirse cos amigos, ir a bares, cafeterías, restaurantes, discotecas... (33,8%). No seguinte grupo de idade, o 39,2% dos galegos de entre 30 a 49 anos consideran as actividades en familia como a principal ocupación no seu tempo libre. Segundo se incrementa a idade obsérvase como aumenta a porcentaxe dos que ven a televisión, escoitan a radio ou len a prensa nos seus momentos de ocio. De feito, esta é a actividade principal para o 29,6% dos galegos de 50 a 64 anos e o 45,6% para os que teñen 65 ou máis anos. |
||
Persoas segundo a actividade principal que realizan no seu tempo libre por idade. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Nove de cada dez galegos de 5 ou máis anos ven a televisión a diario. Entre os que o fan en días laborables, o 23,9% ven a televisión menos dunha hora durante o día, o 36,9% máis dunha hora pero menos de dúas e o 39,2% restante, máis de dúas horas. Durante a fin de semana, case a metade dos galegos que ven a televisión fano durante máis de dúas horas diarias. |
||
Persoas segundo o número de horas diarias que dedican a ver a televisión en días laborables (de luns a venres). Galicia. Ano 2014 |
Persoas segundo o número de horas diarias que dedican a ver a televisión en fin de semana (sábado e domingo). Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Por outra banda, o 38,5% da poboación residente en Galicia escoita a radio a diario, fronte a un 25,1% que non o fai nunca. No tocante á prensa, o 33,3% dos galegos len o periódico todos os días, porcentaxe moi similar á rexistrada no ano 2006. A televisión é o medio máis habitual entre os galegos de 16 ou máis anos para informase da actualidade. O 53,2% acoden en primeiro lugar a esta fonte para informarse. Séguelle Internet que é utilizado polo 31,4% dos galegos como primeiro recurso para informarse sobre a actualidade. Hai que ter en conta que existen diferenzas significativas en función da idade do entrevistado. Así, entre os mozos menores de 30 anos, o 71,3% acode en primeiro lugar a Internet para informarse da actualidade e a televisión queda relegada a un segundo lugar co 24,6%. Para os galegos de 30 a 49 anos, Internet tamén segue a ser o medio máis habitual ao que acudir para informase en primeiro lugar (45,6%) seguido moi de preto pola televisión (40,5%). A partir deste grupo de idade, os galegos recorren maioritariamente á televisión. |
||
Persoas segundo a frecuencia coa que len o periódico. Galicia |
Persoas segundo a fonte á que acoden en primeiro lugar para informarse da actualidade. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Persoas segundo o número de días á semana que practicaron actividade física ou deportiva nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2014 |
||
O 72,1% da poboación de 5 ou máis anos residente na comunidade autónoma de Galicia practicou actividade física ou deportiva nos últimos doce meses, o 81,1% dos cales o fixo durante o ano completo. Entre os galegos de 5 ou máis anos que practicaron actividade física polo menos unha vez á semana durante o último ano, o 28% realizou algunha actividade física todos os días da semana. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Entre os rapaces e rapazas de 5 a 15 anos o fútbol é o deporte máis practicado nas actividades extraescolares dos colexios (22,9%) seguido do atletismo (18,6%). Fóra do colexio, arredor do 50% anda en bicicleta e o 41,4% practica a natación. No tocante á poboación de 16 ou máis anos, o 83,8% manifesta que sae a camiñar. Ademais, dúas de cada dez persoas practican actividades deportivas en ximnasios ou outros centros (aerobic, ioga, musculación, cardio ...) e case un 16% practica a natación. |
||
Actividades físicas ou deportivas practicadas polas persoas menores de 16 anos nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2014 |
Actividades físicas ou deportivas practicadas polas persoas de 16 ou máis anos nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Persoas segundo a frecuencia coa que leron libros nos últimos 12 meses. Galicia |
||
En 2014, o 17,3% dos galegos de 5 ou máis anos manifesta que leu libros nos últimos doce meses a diario. Esta porcentaxe aumentou 5,21 puntos respecto ao ano 2006. Ademais produciuse unha caída de case 14 puntos porcentuais na porcentaxe de poboación que non leu nunca nos últimos doce meses. En relación coa lectura, o 13,5% dos galegos que leron algún libro no último ano usou polo menos unha vez ao mes os servizos das bibliotecas para a consulta de libros. Estes servizos refírense a consulta de obras, préstamos de libros... non relacionados coa profesión ou estudo. No outro extremo o 70,6% non utilizou nunca estes servizos nos últimos doce meses. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
No que incumbe á cantidade de libros lidos, aproximadamente 6 de cada dez galegos leu menos de 6 libros non relacionados coa súa profesión ou estudo nos últimos doce meses. A porcentaxe dos que leron entre 6 e 10 libros acadou o 21,1% e, finalmente, preto do 20% leu máis de dez libros no último ano. A temática máis habitual é a novela seguida dos libros de divulgación e información (política, deportes, historia...). |
||
Persoas segundo o tema de libros lidos nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2014 |
Persoas segundo o número de libros lidos nos últimos 12 meses. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Que os pais sexan lectores habituais é un factor que inflúe de xeito significativo na presenza deste hábito nos fillos. De feito, entre os rapaces de 5 a 14 anos cuxos pais son lectores habituais, o 76% tamén le habitualmente. Porén, esta porcentaxe redúcese ata o 59,4% entre os fillos cuxos pais non son lectores habituais. Entre os mozos de 15 a 19 anos con pais lectores habituais, a porcentaxe dos que len habitualmente redúcese considerablemente respecto aos rapaces de menor idade e sitúase no 53,2% Finalmente, entre os mozos de 20 a 24 anos, cabe destacar que o 52,2% non le habitualmente a pesar de seren os pais lectores habituais. Por outro lado, entre os mozos cuxos pais non len habitualmente, o 70,6% tampouco ten este hábito. |
||
Fillos lectores segundo o sexan ou non os seus pais. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies