Resumo de resultados




Enquisa estrutural a fogares. Mobilidade. Ano 2015

Resumo de resultados 30/09/2016

Introdución

A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico.

O principal obxectivo do módulo de mobilidade é obter información sobre as pautas de mobilidade da poboación galega.

Mobilidade por traballo

Aproximadamente 6 de cada dez ocupados, que en 2015 residían en vivendas familiares principais de Galicia, traballaban no concello onde tiñan fixada a súa residencia mentres que o 33% se desprazaba por motivos laborais a outro concello da comunidade autónoma. Por outra banda, o 4,64% dos ocupados traballaba en varios concellos, por exemplo os comerciais e condutores, e o 1,56% desenvolvía unha actividade económica no propio domicilio.

Dos 937.631 ocupados cuxo centro de traballo se atopaba fóra do domicilio e nun único concello, o 96,84% desprazábase ao lugar de traballo desde a súa vivenda mentres que o 3,16% restante o facía desde outra vivenda na que residía temporalmente.

Ao considerar a vivenda desde a que os ocupados se desprazan ao lugar de traballo en troques da vivenda onde residen habitualmente, a porcentaxe dos ocupados que traballaban no mesmo concello sobe ata o 64,52%.

Ocupados segundo o lugar no que se atopa o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Número de ocupados e porcentaxes

Ocupados segundo onde se atopan a vivenda desde a que se desprazan e o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Número de ocupados e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos ocupados cuxo centro de traballo non se atopa no propio domicilio nin en varios concellos (comercial, condutor...).

Case o 67% dos ocupados utilizaba unicamente transporte privado (coche, moto, ...) para desprazarse ao centro de traballo. No tocante ao transporte público, a porcentaxe dos que facían uso destes medios para moverse ao centro de traballo roldaba o 5% en 2015. Finalmente, o 25,86% dos ocupados ían andando (polo menos 10 minutos) ou en vehículos non motorizados e o 2,17% restante combinaban as tipoloxías anteriores.

Entre os motivos que esgrimían os ocupados galegos para non utilizar o transporte público nos desprazamentos ao lugar de traballo destacaban a falla do servizo ou a escasa frecuencia (para o 64,06% dos ocupados) e a comodidade (para o 49,86%).

Ocupados segundo o medio de transporte utilizado desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Ocupados segundo os motivos polos que non utilizan o transporte público desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Número de ocupados e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos ocupados cuxo centro de traballo non se atopa no propio domicilio nin en varios concellos (comercial, condutor...) e que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de traballo.
"Outro" inclúe "Transporte privado e transporte público", "Transporte privado e non motorizado", "Transporte público e non motorizado" e "Transporte privado, transporte público e non motorizado". O medio de transporte "Andando" utilízase se anda 10 ou máis minutos ou non usa outro medio.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos ocupados que utilizan só transporte privado (coche, moto...) desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo.
A incidencia calcúlase como a porcentaxe de ocupados que non utilizan o transporte público por ese motivo sobre o total de ocupados que non utilizan o transporte público.

Para o 21,54% dos galegos que traballaban fóra do domicilio e nun único concello, o centro de traballo atopábase a menos dun quilómetro de distancia da vivenda desde a cal se desprazaban para traballar. Para o 33,40% dos ocupados a distancia variaba entre un e cinco quilómetros. No outro extremo o 3,37% desprazábase 50 ou máis quilómetros para chegar ao centro de traballo.

No tocante ao tempo empregado nos desprazamentos, o 56,84% dos traballadores tardaban menos de 15 minutos en chegar desde a vivenda da que se desprazaban ata o centro de traballo, o 32,09% entre 15 e 30 minutos e o 11,07% restante, máis de media hora.

Ocupados segundo a distancia desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Número de ocupados e porcentaxes

Ocupados segundo o tempo que tardan desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de traballo. Galicia. Ano 2015
Número de ocupados e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos ocupados cuxo centro de traballo non se atopa no propio domicilio nin en varios concellos (comercial, condutor...) e que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de traballo.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos ocupados cuxo centro de traballo non se atopa no propio domicilio nin en varios concellos (comercial, condutor...) e que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de traballo.

Mobilidade por estudos

En Galicia, no ano 2015, residían 418.408 estudantes de 5 ou máis anos, dos cales o 74,94% residía e estudaba no mesmo concello, o 23,02% estudaba nun concello da comunidade autónoma distinto ao de residencia e o 2,04% cursaba estudos fóra de Galicia.

Para este ano, o 9,24% dos estudantes non se desprazaba ao centro de estudos desde a súa residencia habitual senón que o facía desde outra vivenda na que residía temporalmente. Tendo en conta esta puntualización, o 82,26% do alumnado galego desprazábase dentro do concello para cursar estudos.

Estudantes segundo o lugar no que se atopa o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Número de estudantes e porcentaxes

Estudantes segundo onde se atopan a vivenda desde a que se desprazan e o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Número de estudantes e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Entre os estudantes o uso do transporte público está máis estendido que entre os ocupados. Así, a porcentaxe de estudantes que se desprazaba en transporte público desde a vivenda ao centro de estudos era do 32,45% en 2015. Os que se desprazaban de xeito non motorizado (andando, en bicicleta ...) acadaban o 36,39% e os que se movían en transporte privado o 25,84%.

O 46,33% dos estudantes manifestaba que non utilizaba o transporte público porque non había servizo ao lugar onde se trasladaba ou por mor da escasa frecuencia. Ademais, o 42,11% tamén sinalaba a comodidade como motivo para non facer uso desta tipoloxía de transporte. Cabe destacar, ademais, que tres de cada dez non usaba o transporte público xa que para desprazarse aproveitaba o desprazamento que realizaba outra persoa.

Estudantes segundo o medio de transporte utilizado desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Porcentaxes

Estudantes segundo os motivos polos que non utilizan o transporte público desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Número de estudantes e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos estudantes que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de estudos.
"Outro" inclúe "Transporte privado e non motorizado", "Transporte público e non motorizado" e "Transporte privado, transporte público e non motorizado".
O medio de transporte "Andando" utilízase se anda 10 ou máis minutos ou non usa outro medio.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos estudantes que utilizan só transporte privado (coche, moto...) desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos.
A incidencia calcúlase como a porcentaxe de estudantes que non utilizan o transporte público por ese motivo sobre o total de estudantes que non utilizan o transporte público.

Tres de cada dez estudantes tiñan que percorrer unha distancia inferior ao quilómetro para trasladarse desde a vivenda ao centro onde cursaban estudos. Para o 45,48% dos alumnos esta distancia oscilaba entre un e cinco quilómetros mentres que a porcentaxe dos que se desprazaban cinco ou máis quilómetros situábase arredor do 25%.

Algo máis da metade dos estudantes de 5 ou máis anos tardaba entre 5 e 15 minutos en chegar da vivenda desde a que se desprazaba ata o centro de ensino. A porcentaxe dos que empregaban menos de 5 minutos nestes desprazamentos era do 15,08% mentres que o 31,96% necesitaba máis de 15 minutos.

Estudantes segundo a distancia desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Número de estudantes e porcentaxes

Estudantes segundo o tempo que tardan desde a vivenda da que se desprazan ata o centro de estudos. Galicia. Ano 2015
Número de estudantes e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos estudantes que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de estudos.

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)
Nota: os datos fan referencia aos estudantes que realizan normalmente unha ou máis viaxes diarias de ida e volta ata o centro de estudos.

Mobilidade por outros motivos

Na seguinte táboa móstrase o principal medio de transporte utilizado pola poboación galega de 16 ou máis anos para desprazarse por motivos distintos dos laborais ou de estudo.

O uso do transporte público é minoritario e oscila entre o 3,90% dos galegos que o utilizaban para acompañar a nenos e maiores ata o 8,36% que o facía para levar a cabo xestións familiares ou persoais.

O transporte privado imponse e situouse como o medio utilizado por máis da metade dos galegos para todos os desprazamentos analizados e acadou o valor máis alto nas visitas a familiares e amigos; sete de cada dez utilizaron o vehículo privado para este fin.

Persoas de 16 ou máis anos segundo o principal medio de transporte que utilizan para diversos motivos. Galicia. Ano 2015
Número de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa)

Máis información

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo