A Enquisa de condicións de vida das familias é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico. Un dos módulos específicos de 2013 está dedicado ao coñecemento e uso da lingua galega. Neste módulo analízase o grao de coñecemento do idioma galego nas súas distintas formas (oral e escrito) e o seu uso en distintos ámbitos sociais. |
Persoas que saben falar galego segundo a idade. Galicia. Ano 2013 |
||
No ano 2013 o 57,31% dos galegos de 5 ou máis anos manifesta que sabe falar o galego moito, o 29,62% bastante e o 13,07% pouco ou nada. Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe dos que sabe falar pouco ou nada o galego increméntase ata o 22,70%, mentres que entre a poboación de 65 ou máis anos non chega ao 9%. A familia segue a ser a principal vía de aprendizaxe do idioma galego. O 82,17% dos galegos aprendeu a falar o galego neste ámbito, pero ao cinxirse á poboación menor de 30 anos a escola supera á familia como medio de aprendizaxe; o 86,52% dos mozos aprendeu o galego na escola e o 67,56% coa familia. |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma por enfermidade ou discapacidade. |
En 2013 o 31,2% dos galegos habitualmente fala sempre en galego. Esta porcentaxe é moi similar á do ano 2008 (30,29%) pero 12 puntos inferior á rexistrada fai dez anos. Por outra banda, a porcentaxe de poboación que fala máis galego ca castelán diminuíu 6,44 puntos respecto ao ano 2008 ata situarse no 20,29%, mentres que a dos que falan máis castelán que galego case non variou nos últimos cinco anos: 22,7% en 2008 e 22,26% en 2013. Por último, algo máis do 26% dos residentes en Galicia falan sempre en castelán, 6 puntos porcentuais máis que en 2008. O uso do galego é desigual dependendo da idade da poboación. Deste xeito, o 52,74% dos galegos de 65 ou máis anos fala habitualmente só en galego e un 21,08% utiliza máis o galego có castelán. No entanto, entre os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos, o 13,20% habitualmente sempre fala en galego, o 11,91% máis en galego ca castelán e o 74,88% restante utiliza sempre o castelán ou máis castelán ca galego. |
||
Persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Galicia. Ano 2013 |
Evolución da porcentaxe de persoas segundo a lingua na que falan habitualmente. Galicia |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
|
Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. Non se inclúe "Outras situacións" ("Castelán / galego e outras linguas" e "Outras linguas / linguaxe de signos") por falta de tamaño de mostra. |
||
Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente. Galicia. Ano 2013 |
Persoas segundo a lingua na que escriben habitualmente. Datos por lingua na que falan habitualmente. Galicia. Ano 2013 |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode ou non sabe escribir na actualidade. |
||
No tocante á lingua habitual de escritura, apenas se produciron cambios no último quinquenio e o castelán segue a ser a lingua máis utilizada polos galegos. A porcentaxe de poboación que habitualmente escribe en galego é do 15,12%. |
Ao comparar os datos segundo a lingua na que falan habitualmente, obsérvase que entre as persoas que sempre falan en galego, o 33,58% escribe habitualmente na mesma lingua e o 66,42% faino en castelán. |
O 41,68% dos galegos que teñen fillos fálalles en galego sempre, o 31,66% sempre en castelán, o 15,06% máis castelán ca galego e o 10,10% máis galego ca castelán. No tocante aos fillos, cabe destacar que arredor do 37% fala sempre en castelán cos seus proxenitores. |
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito familiar. Galicia. Ano 2013 |
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos. O uso do galego cos fillos e coa parella fai referencia á poboación de 16 ou máis anos. Non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. |
Dentro do ámbito social, o uso exclusivo do galego está máis estendido nas relacións entre amigos. O 33,10% dos galegos habitualmente fala sempre en galego cos amigos. Porén, o 35,45% comunícase cos profesores dos seus fillos exclusivamente en castelán e o 34,24% só utiliza este idioma cos médicos. |
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito social. Galicia. Ano 2013 |
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos no caso de "amigos e comerciantes" e de 16 ou máis anos no resto. |
No referente ao ámbito laboral, o 30,10% dos ocupados galegos fala sempre en galego cos compañeiros de traballo e o 18,37% utiliza máis galego ca castelán. A porcentaxe dos que falan sempre en galego ou máis galego ca castelán cos seus superiores non chega ao 40%. |
Persoas segundo a lingua na que falan no ámbito laboral. Galicia. Ano 2013 |
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos que ten traballo na actualidade en Galicia. |
Nos últimos cinco anos produciuse unha caída de algo máis de 12 puntos na porcentaxe de estudantes que reciben todas as clases en galego, ata situarse no 2,15% en 2013. A porcentaxe dos que reciben a ensinanza maioritariamente en galego é do 43,7% (2,86 puntos menos que en 2008). Porén, a porcentaxe de alumnos que recibe as clases maioritariamente en castelán incrementouse 18,3 puntos porcentuais ata acadar o 51,08%. Finalmente, en 2013, o 3,08% dos estudantes reciben as clases unicamente en castelán. |
||
Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases e a idade. Ano 2013 |
Persoas que estudan en Galicia segundo a lingua na que reciben as clases |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: Os datos fan referencia á poboación de 5 ou máis anos que recibe ensino regrado na actualidade en Galicia. Non se inclúe "Outras situacións" ("Galego/castelán e outras linguas" e "Outras linguas/linguaxe de signos") por falta de tamaño de mostra. Non se inclúen as clases de idiomas |
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Segundo se desprende da enquisa, case o 20% dos galegos ve a televisión sempre en galego ou máis en galego ca castelán, aínda que hai un 23,90% que sempre a ve en castelán. Á hora de escoitar a radio, o 15,98% faino sempre en galego ou maioritariamente en galego. O uso do galego está menos estendido noutros medios de comunicación. Aproximadamente o 60% dos residentes en Galicia só le a prensa e libros en castelán e o 74% navega pola rede sempre neste idioma. |
Persoas segundo a lingua que utilizan nos medios de comunicación. Galicia. Ano 2013 |
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos. |
No ano 2013, no 22,21% dos fogares galegos todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só en galego. Esta porcentaxe diminuíu 2,11 puntos respecto o ano 2008. Por áreas xeográficas, a área do Carballiño – O Ribeiro xunto coa área da Coruña suroriental son as que presentan as maiores porcentaxes de fogares nos que todos os seus membros de 5 ou máis anos falan habitualmente só galego, cun 52,75% e un 52,21%, respectivamente. No outro extremo atópanse a área da Coruña, cun 10,81%, a área de Ourense, cun 10,38%, e a área de Vigo cun 7,48%. |
Fogares nos que todos os seus membros de cinco ou máis anos falan habitualmente só galego. Ano 2013 |
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: non se inclúe a poboación que non pode falar un idioma na actualidade por enfermidade ou discapacidade. |
Persoas segundo a percepción de uso de galego na actualidade. Galicia. Ano 2013 |
||
O 29,15% dos galegos de 16 ou máis anos considera que na actualidade se fala pouco ou nada o galego. Esta porcentaxe é maior nas provincias da franxa atlántica con valores próximos ao 32%. No outro extremo atópase Lugo onde a porcentaxe baixa ata o 17,55%. Por outra banda, o 35,16% dos galegos considera que na actualidade se fala máis galego que fai 5 anos, para o 43,46% a percepción do uso do galego non variou neste intervalo de tempo, e, finalmente, o 21,38% restante cree que se fala menos galego que en 2008. |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: os datos fan referencia á poboación de 16 ou máis anos. |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies