A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico. O principal obxectivo do módulo de vivendas familiares: características e medio, é obter información sobre as características das vivendas, as infraestruturas do seu contorno e o equipamento dos fogares. |
En 2015 existían en Galicia 1.060.907 fogares dos cales: o 28,49% residía en vivendas familiares principais con 50 ou máis anos de antigüidade, o 45,66% entre 20 e 49 anos, o 17,98% entre 10 e 19 anos e o 7,86% restante, menos de 10 anos. No tocante ao tipo de edificio, case a metade (48,27%) eran vivendas unifamiliares (independentes ou acaroadas). Os pisos ou apartamentos que formaban parte de edificios con 10 ou máis vivendas supoñían o 34,37% do total de vivendas, mentres que os situados en edificacións máis pequenas (menos de 10 vivendas) conformaban o 17,25% do total. A superficie media das vivendas galegas era, en 2015, de 107 metros cadrados. Ademais, o 20,47% contaba cunha superficie superior aos 120 metros cadrados.
|
||
Vivendas segundo a clase de vivenda e tipo de edificio. Galicia. Ano 2015 |
Vivendas segundo a súa antigüidade. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
O 60,22% das vivendas familiares principais galegas tiña como réxime de tenza a propiedade sen hipoteca en 2015, mentres que as vivendas en propiedade con hipoteca supoñían o 19,81% e as vivendas en aluguer o 11,63%. Os gastos totais da vivenda supoñían unha carga pesada para 6 de cada dez fogares no ano 2015. Esta porcentaxe era maior entre os fogares que tiñan a vivenda en aluguer (70,58%) e menor entre os fogares coa vivenda cedida ou con outro réxime de tenza (51,95%). |
||
Vivendas segundo o réxime de tenza. Galicia. Ano 2015 |
Fogares segundo a carga que supoñen os gastos totais da vivenda. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
No ano 2015, o 99,31% das vivendas familiares principais de Galicia contaba con auga quente (1.053.606 vivendas) e o 71,95% con calefacción instalada (763.290 vivendas). O 39,49% das vivendas que dispoñía de auga quente utilizaba o propano/butano para quentar a auga. As seguintes fontes de enerxía máis utilizadas para este fin eran o gas natural (22,66%), a electricidade (18,87%) e o gasóleo (18,80%) . Para o sistema de calefacción, a fonte de enerxía máis habitual era o gasóleo, que o empregaba o 35,25% das vivendas con instalación de calefacción. A continuación atopábanse o gas natural (26,22%), a electricidade (25,31%) e a biomasa (10,00%).
|
||
Vivendas segundo as fontes de enerxía que empregan para quentar a auga. Galicia. Ano 2015 |
Vivendas segundo as fontes de enerxía que empregan para a calefacción. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Vivendas que dispoñen de determinados servizos exteriores. Galicia. Ano 2015 |
||
En relación aos servizos exteriores, o 82,81% das vivendas familiares principais tiña conexión pública de augas residuais e unha porcentaxe moi similar (82,22%) conexión á rede pública de auga potable. Aínda que a práctica totalidade das vivendas dispoñía de servizo de recollida de lixo nun contorno inmediato á vivenda (97,65%) a porcentaxe das que dispoñían de servizo de recollida selectiva de lixo baixaba ata o 79,50%. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
O 60,44% das vivendas dispoñía dun centro de saúde ou ambulatorio públicos a unha distancia aproximada de 15 minutos a pé e o 37,06% utilizando algún medio de transporte (o 20,13% tiña a posibilidade de usar o transporte público e o 16,92% non dispoñía desta posibilidade). O 2,50% restante non contaba cun centro de saúde (ou ambulatorio) a unha distancia aproximada de 15 minutos. Por outra banda, o 56,60% das vivendas tiña acceso a unha gardería pública a unha distancia de 15 minutos a pé, o 17,41% utilizando algún medio de transporte público, o 15,13% utilizando algún medio de transporte pero sen posibilidade de transporte público e o 10,86% restante non tiña este servizo. |
||
Vivendas segundo a accesibilidade a determinados servizos nunha distancia de aproximadamente 15 minutos. Galicia. Ano 2015 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
En 2015, o 72,32% dos fogares galegos estaba satisfeito coa súa vivenda e o 15,86% moi satisfeito. A porcentaxe de fogares moi insatisfeitos coa vivenda non chegaba ao 3%. Entre os problemas máis habituais sufridos polas vivendas atopábanse as humidades e as deficiencias de illamento térmico e acústico que afectaban ao 28,99% e ao 18,72% dos fogares galegos en 2015, respectivamente. |
||
Fogares que manifestan ter determinados problemas coa vivenda. Galicia. Ano 2015 |
Fogares segundo o grao de satisfacción global coa vivenda. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
O 14,34% dos fogares manifestou que sufría problemas de ruído na vivenda. Os máis habituais eran por mor do tráfico terrestre (59,51%) e dos veciños (36,10%). Por outra banda, o 9,79% tiña problemas de cheiros na vivenda. Neste caso, entre as causas máis habituais atopábanse a canalización e saneamento (40,81%) e as industrias (22,87%). |
||
Fogares con problemas de ruído na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2015 |
Fogares con problemas de cheiros na vivenda segundo as causas. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Aproximadamente o 40% das vivendas familiares principais de Galicia non presentaba ningún aspecto que producise un impacto negativo na paisaxe do seu contorno. De feito, o 86,93% dos fogares galegos estaba satisfeito ou moi satisfeito coa paisaxe do seu contorno. Porén, na contorna do 26,82% das vivendas existían edificacións ruinosas que provocaban un impacto negativo na paisaxe. |
||
Vivendas segundo os aspectos que producen un impacto negativo na paisaxe do seu contorno. Galicia. Ano 2015 |
Fogares segundo o grao de satisfacción global coa paisaxe do seu contorno. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
En 2015, algo máis da metade dos fogares galegos (50,54%) levaba residindo na mesma vivenda 20 ou máis anos, o 23,75% entre 10 e 19 anos, o 14,01% entre 5 e 9 anos e o 11,69% restante, menos de 5 anos. O 22,19% dos fogares que mudaron de vivenda nos últimos 5 anos fixérono para cambiar a unha vivenda mellor. Outras das razóns principais de cambio foron a cesión ou adquisición dunha vivenda en propiedade (20,01%), a formación dun novo fogar (15,30%) e por motivos laborais (14,82%). |
||
Fogares segundo o número de anos que leva residindo na actual vivenda. Galicia. Ano 2015 |
Fogares que cambiaron de vivenda nos últimos 5 anos segundo a razón principal do cambio. Galicia. Ano 2015 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies