A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dous módulos: un primeiro de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñado para recoller información sobre variables básicas, e un segundo de carácter específico. Os principais obxectivos do módulo xeral da Enquisa estrutural a fogares son:
|
Información para Galicia e provincias |
||
O día 31 de decembro de 2016 existían en Galicia 1.060.086 fogares, dos cales o 21,17% correspondían a persoas que vivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada por unha parella con fillos (32,34% do total de fogares). Por provincias, Lugo e Ourense son as que contan cunha menor porcentaxe de fogares desta tipoloxía, mentres que é onde a porcentaxe de fogares unipersoais é maior. |
Fogares segundo a tipoloxía do fogar. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
En Galicia existen 236.935 fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos, o que supón o 22,35% do total de fogares galegos. Con respecto ao ano anterior, o número de fogares deste tipo aumentou un 0,38%. Por provincias, Pontevedra é a que conta cunha menor porcentaxe de fogares deste tipo (19,24%) e no outro extremo atópase Ourense, onde o 29,76% dos fogares está formado por persoas de 65 ou máis anos. |
||
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
En 815.721 fogares galegos, o 76,95% do total, non reside ningún mozo ou neno menor de 16 anos. A porcentaxe máis alta de fogares sen persoas menores de 16 anos dáse na provincia de Ourense (81,73%) e a máis baixa en Pontevedra (73,46%). Por outra banda, o 91,69% dos fogares da comunidade autónoma non conta con ningún neno menor de 5 anos. |
||
Fogares segundo o número de persoas menores de 16 anos. Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fogares con algún menor de 5 anos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
O 63,79% dos mozos galegos de entre 18 e 34 anos vive cos pais. Dos mozos de 25 a 34 anos que viven cos pais, o 26,9% non ten ningún tipo de ingreso. Esta porcentaxe sobe ata o 56,53% entre os mozos de 18 a 24 anos. |
||
Mozos que viven cos pais segundo a tipoloxía de ingresos. Galicia. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: "Outros ingresos" inclúe: "Ingresos de prestacións", "Ingresos de traballo e prestacións" e "Outros ingresos". |
Mozos que viven cos pais. Galicia. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas |
||
Dos sete grandes concellos de Galicia, Lugo é o que presenta unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 35,76%). Por outra banda, en Ferrol o 26,91% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No outro extremo atópase o concello de Pontevedra, onde esta porcentaxe é do 17,29%. |
||
Situación demográfica nos grandes concellos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa)
|
||
Por áreas xeográficas, na área do sur de Ourense o 34,10% dos fogares está composto por persoas de 65 ou máis anos. No extremo oposto sitúase a área do Morrazo cun 17,07% de fogares desta tipoloxía. A área de Vigo é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con polo menos algún menor de 16 anos (27,73%). |
||
Fogares con algún menor de 16 anos. Áreas. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Fogares compostos por persoas de 65 ou máis anos. Áreas. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Información para Galicia e provincias |
||
No ano 2016 o ingreso medio mensual dos fogares galegos situouse en 2.007 euros por fogar; aumenta un 3,99% respecto ao ano anterior. As catro provincias galegas rexistraron incrementos neste indicador económico entre 2015 e 2016, por riba dos catro puntos porcentuais en Ourense e en Pontevedra (neste último caso o ingreso medio mensual aumentou un 5,52%). Nas provincias da Coruña e de Lugo os aumentos interanuais situáronse por debaixo da taxa de crecemento media de Galicia: no 3,04% en Lugo e no 2,9% na Coruña. A metade dos fogares galegos ingresa menos de 1.750 euros ao mes. Con respecto ao ano 2015, a mediana de ingresos rexistrou un aumento do 6,06%. |
||
Media e mediana de ingresos mensuais. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Estrutura de ingresos dos fogares. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
O 50,47% dos ingresos dos fogares galegos procede do traballo por conta allea, o 10,49% do traballo por conta propia, o 36,02% de prestacións e o 3,02% restante de rendas e outros ingresos. A Coruña e Pontevedra son as provincias con maiores porcentaxes de ingresos procedentes do traballo (62,42% e 62,59%, respectivamente) mentres que Lugo e Ourense son as que contan con maiores porcentaxes de ingresos procedentes de prestacións (39,43% e 43,08%). |
Estrutura de ingresos dos fogares. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
A estrutura de ingresos dos fogares no ano 2016 é similar á do ano anterior. Con respecto ao ano 2015 produciuse unha lixeira diminución na porcentaxe de ingresos procedentes do traballo por conta allea (-0,37 puntos). A porcentaxe de ingresos procedentes do traballo por conta propia aumentou, pola contra, seis décimas (de 9,89% a 10,49% entre 2015 e 2016) e a porcentaxe de ingresos procedentes de prestacións diminuíu 0,33 puntos. |
No 30,83% dos fogares galegos o 100% dos seus ingresos provén das prestacións. Na provincia de Ourense esta porcentaxe acada o 40,79%. Ademais, para o 43,53% dos fogares galegos as prestacións representan máis da metade dos seus ingresos. |
||
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan máis do 50%, 75% ou o 100% do total dos seus ingresos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fogares nos que os ingresos por prestacións representan o 100% do total dos seus ingresos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Limiar monetario de pobreza segundo a composición do fogar. Galicia. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) No ano 2016 a taxa de risco de pobreza de Galicia diminuíu 0,89 puntos ata situarse no 16,06%. Esta taxa calcúlase como a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes. Ao tomar ingresos equivalentes1 corríxese o efecto que produce o número de persoas do fogar no volume de ingresos. Para calcular as unidades de consumo asígnase un 1 ao primeiro adulto do fogar, 0,5 ao resto de adultos (persoas de 14 ou máis anos dese fogar) e 0,3 a cada neno do fogar (menores de 14 anos). O limiar depende, polo tanto, do número de persoas que compoñen o fogar, así como da idade desas persoas. Para un fogar unipersoal o limiar en 2016 é de 638,68 euros/mes, mentres que para un fogar composto por dous adultos (1,5 unidades de consumo) o limiar é de 958,02 euros/mes (1,5*638,68). Por provincias, a taxa máis alta corresponde a Ourense (19,35%) e a máis baixa á Coruña (13,39%). Con respecto ao ano 2016, diminúe a taxa de risco de pobreza nas provincias da Coruña e Pontevedra (en 0,23 puntos no primeiro caso e en 2,82 puntos no segundo), e aumenta nas provincias de Lugo e Ourense (na provincia de Lugo aumenta en 0,22 puntos porcentuais e na de Ourense en 1,37 puntos). 1Os ingresos equivalentes obtéñense dividindo os ingresos totais do fogar entre as unidades de consumo do fogar. |
Taxa de risco de pobreza. Galicia e provincias. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) Evolución da taxa de risco de pobreza. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Taxa de risco de pobreza ou exclusión social (Estratexia Europa 2020). Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
A poboación en risco de pobreza ou exclusión social é a que se atopa nalgunha das seguintes situacións:
En 2016 o 20,33% da poboación residente en Galicia está en risco de pobreza ou exclusión social, o que supón unha diminución de 2,22 puntos respecto ao ano anterior. Por idades, este indicador diminuíu en todos os grupos, correspondendo as maiores baixadas aos grupos de 16 a 24 anos (a taxa de risco de pobreza ou exclusión social deste grupo diminuíu 3,85 puntos entre 2015 e 2016) e de 25 a 49 anos (menos 3,37 puntos porcentuais). |
Fogares segundo o grado de dificultade para chegar a fin de mes. Galicia. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
En 2016 a porcentaxe de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumenta 3,2 puntos, ata o 50,52%. A porcentaxe dos que chegan con dificultade diminúe 2,09 puntos, mentres que a porcentaxe de fogares que chegan con moita dificultade diminúe 1,12 puntos ata situarse no 10,68%. |
|
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas |
||
Para os sete grandes concellos, Lugo e Santiago de Compostela, con 2.243 e 2.382 euros, son os que presentan o maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ferrol (1.951 euros). Por outra banda, o 69,3% dos ingresos dos fogares residentes no concello de Lugo proceden do traballo. No concello de Ferrol esta porcentaxe sitúase no 54,32%. Neste concello o 43,38% dos ingresos dos fogares proceden de prestacións. |
||
Ingresos dos fogares. Grandes concellos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Ingreso medio mensual por fogar. Áreas. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Fogares con ingresos procedentes unicamente de prestacións. Áreas. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Información para Galicia e provincias |
||
O 18,76% dos fogares galegos ten gasto en hipoteca da vivenda principal, cun gasto medio de 394,67 euros ao mes. Por provincias, A Coruña é a que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca (20,31%). O maior gasto medio mensual en hipoteca da vivenda principal rexístrase tamén na provincia da Coruña, con 406,59 euros mensuais. No tocante ao aluguer, o 12,83% dos fogares ten gasto en aluguer da vivenda principal e o gasto medio mensual sitúase en 303,06 euros ao mes, unha vez incluídas as axudas públicas e descontados os gastos correntes que aparezan incluídos no recibo (comunidade, auga...). Por provincias, de novo A Coruña é a que presenta unha maior porcentaxe de fogares con gasto en aluguer (13,90%) e a que rexistra un maior gasto medio mensual neste concepto (313,05 euros/mes). |
||
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal. Galicia e provincias. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
||
Información para os sete grandes concellos galegos e por áreas |
||
Dentro dos sete grandes concellos galegos, Lugo é o que conta cunha maior porcentaxe de fogares con gasto en hipoteca da vivenda principal (27,83%). O maior gasto medio en hipoteca rexístrase en Santiago de Compostela (522,94 euros/mes). Respecto ao aluguer da vivenda principal, a maior porcentaxe de fogares con este gasto dáse no concello da Coruña (26,67%) e o gasto medio mensual máis elevado en Santiago de Compostela (366,72 euros/mes). |
||
Gasto dos fogares en aluguer e hipoteca da vivenda principal. Grandes concellos. Ano 2016 Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fogares con aforro en alimentos segundo o tamaño do municipio. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) Nota: o aforro en alimentación refírese a produtos que produciu o fogar ou ben que llos regalou algún familiar ou amigo |
En 2016, o 42,59% dos fogares galegos manifestou ter aforro en alimentos, xa sexa porque os produciu o propio fogar ou ben porque llos regalou algún familiar ou amigo. Nos municipios de menos de 10.000 habitantes esta porcentaxe sobe ata o 64,72%, mentres que nos municipios de máis de 50.000 habitantes sitúase no 25,53%. |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies