A Enquisa estrutural a fogares é unha actividade estatística anual dirixida aos fogares galegos co obxecto de obter información sobre as súas características socioeconómicas. Consta de dúas partes: unha primeira de carácter xeral que se repite todos os anos, deseñada para recoller información sobre variables básicas e unha segunda de carácter específico. O módulo de capital social ten como principal obxectivo coñecer o nivel de benestar da poboación galega desde a perspectiva do capital social. |
A valoración media que os galegos fan do grado de satisfacción coa súa vida na actualidade sitúase en 6,74 puntos, nunha escala que oscila do 0 (nada satisfeito) ata o 10 (plenamente satisfeito). Ademais, o 59,82% desta poboación puntúa a súa satisfacción coa vida actual en 7 ou máis puntos. No tocante aos aspectos materiais, a valoración media que os galegos de 16 ou máis anos fan da situación económica do seu fogar sitúase en 5,52 puntos e o 25,16% asígnase unha puntuación por debaixo de 5. Por outra banda, a nota media que os galegos dan á súa vivenda é de 7,18 puntos. En relación coas actividades produtivas, aproximadamente 6 de cada dez galegos valoran a satisfacción co seu traballo actual cunha puntuación entre 7 e 10. A valoración media é de 6,71 puntos. Un dos aspectos da vida co que os galegos están máis satisfeitos é coas relacións persoais (7,63 de media). |
||
Satisfacción en diversos aspectos da vida. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
O 3,04% dos galegos de 16 ou máis anos non contactou no último mes con familiares que residían fóra do fogar. Porén o 44,02% fala con familiares por teléfono practicamente a diario e o 71,3% queda con familiares todos os días ou polo menos unha vez á semana. Por outra banda, o 10,78% dos galegos de 16 ou máis anos non quedou nin contactou con amigos (por teléfono ou internet) durante o último mes. |
||
Persoas segundo a frecuencia coa que mantiveron as seguintes relacións persoais no último mes. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
O 4,37% dos galegos de 16 ou máis anos non teñen a ninguén con quen falar de temas persoais e o 2,38% non teñen a ninguén (familiares, amigos ou veciños cos que non conviven) a que lle poidan pedir axuda se a necesitasen. |
O 57,33% da poboación residente na comunidade autónoma considera o seu estado de saúde como bo ou moi bo. A valoración do estado de saúde varía en función da idade do entrevistado. Así, entre a poboación de 30 a 44 anos só o 3,23% considera a súa saúde como mala ou moi mala mentres que para os galegos de 65 ou máis anos esta porcentaxe sobe ata o 21,84%. Para o 62,62% da poboación galega de 16 ou máis anos, a saúde non supón ningunha limitación para realizar as actividades habituais. Non obstante, o 24,21% manifesta que se atopa limitado pero non de xeito grave e un 4,75% está gravemente limitado. |
||
Persoas segundo o seu estado de saúde. Galicia. Ano 2014 |
Persoas segundo a súa limitación por un problema de saúde para realizar actividades habituais. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
|
Persoas que necesitaban consultar a un médico ou dentista e non o fixeron nos últimos 12 meses segundo a razón. Galicia. Ano 2014 |
||
No ano 2014, 438.017 residentes en Galicia de 16 ou máis anos manifestaron que necesitaban consultar a un médico ou dentista e que non o fixeron no último ano. O principal motivo que sinalan é que resulta demasiado caro (47,63%). Outro dos motivos que aducen (o 16,85%) é que non dispoñían de tempo debido ao traballo ou outras obrigas. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Persoas que sufriron un roubo, unha agresión física ou ás que enganaron ao comprar un produto ou servizo nos 5 últimos anos. Galicia. Ano 2014 |
||
Algo máis de 237.000 galegos de 16 ou máis anos manifestan que sufriron un roubo nos últimos 5 anos, o que supón arredor do 10% da poboación galega nese grupo de idade. A porcentaxe dos que sufriron unha agresión física sitúase no 1,69%. Por outra banda, preto de 300.000 galegos, o 12,63%, sentíronse enganados pola compra dun produto ou servizo. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Persoas segundo o nivel de seguridade que sinten camiñando soas de noite pola zona na que viven. Galicia. Ano 2014 |
||
O 19,63% da poboación residente en Galicia de 16 ou máis anos manifesta que se sinte un pouco insegura cando camiñan soas de noite pola zona na que viven e un 7,63% asegura que se sinte moi insegura. Pola contra, 526.035 galegos (o 22,46%) afirman que se sinten moi seguros nesta situación. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Cando se lle pregunta aos enquisados polo seu nivel de confianza nas persoas, a puntuación media que asignan ao seus familiares é de 8,42 puntos. Ademais, o 57,07% dálle unha puntuación de nove ou dez puntos. A valoración media da confianza nos amigos é de 7,64 puntos, mentres que para a maior parte das persoas a confianza baixa ata 5,75 puntos, nunha escala de 0 a 10. |
||
Confianza media nas persoas. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Na seguinte táboa represéntase a confianza media que os galegos teñen nas diferentes institucións. As institucións que acadan unha maior puntuación son o sistema sanitario e as forzas e corpos de seguridade con valores próximos aos 6 puntos. No outro extremo atópanse o sistema político cunha confianza media de 1,8 puntos e a banca con 2,39 puntos sobre un máximo de 10. |
||
Confianza media nas institucións. Galicia. Ano 2014 |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Fogares con determinados problemas na súa vivenda. Galicia. Ano 2014 |
||
En 2014, o 17,11% dos fogares galegos presentan problemas de ruídos producidos polos veciños ou procedentes do exterior (tráfico, negocios, fábricas...). Por outro lado, o 12,09% teñen problemas de contaminación, sucidade ou outros problemas ambientais na zona. Finalmente, o 13,46% dos fogares están situados en zonas con delincuencia ou vandalismo. |
||
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares (descarga da táboa) |
||
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies