Para avaliar as características e actividade en Galicia das empresas con sede noutras comunidades autónomas é preciso contar con estatísticas que acheguen tanto a información periódica sobre as principais variables, como unha base para outras operacións estatísticas específicas. Por analoxía, interesa tamén coñecer a presenza e actividade noutras CCAA das empresas que teñen en Galicia a súa sede. A esta necesidade responden os indicadores de multilocalización empresarial.
Os indicadores IMAct_ elabóranse para os establecementos de 10 ou máis ocupados e para o total. Os indicadores IMEmp_ elabóranse para o total de empresas e para as de 10 ou máis ocupados. Nun e outro caso, a investigación comprende as actividades incluídas nas seccións B-C-D-E (industria), G (Comercio) e H-I-J-L-M-N (Servizos de mercado, non financeiros) da Clasificación Nacional de Actividades Económicas 2009 (CNAE-09). |
A cifra de negocios das empresas industriais con sede fóra de Galicia que en 2016 realizaron algunha actividade económica na comunidade autónoma supón o 31,4% do total do importe neto da cifra de negocios das empresas deste sector con actividade en Galicia. Para as empresas dedicadas ao sector servizos, esta porcentaxe sitúase no 21,5% en 2016 e para as empresas comerciais, a cifra baixa ao 14,9%. No tocante ao emprego, as empresas industriais con sede fóra de Galicia dan traballo ao 12,2% das persoas ocupadas na industria de Galicia. No sector do comercio, a cifra é moi semellante (sitúase no 12,1% en 2016). Pola contra, no sector servizos a porcentaxe sobe ao 18,3%. |
||
Actividade en Galicia de empresas con sede noutras CCAA. Ano 2016 |
||
Fonte: IGE. Estatística de multilocalización empresarial (descarga da información: industria, comercio, servizos) |
||
No que respecta ás empresas industriais con sede en Galicia que en 2016 realizaron algunha actividade económica noutra comunidade autónoma, o 6,2% do seu importe neto da cifra de negocios facturouse fóra de Galicia. No sector servizos, esta porcentaxe sobe ao 7,1% e no comercio, ao 12,5%. Ademais, o 4% das persoas ocupadas das empresas industriais con sede en Galicia e actividade fóra estaba ocupada noutra comunidade autónoma; no sector servizos esta porcentaxe sitúase no 5,2% e no comercio acada o 12,8%. |
||
Actividade noutras CCAA das empresas con sede en Galicia. Ano 2016 |
||
Fonte: IGE. Estatística de multilocalización empresarial (descarga da información: industria, comercio, servizos) |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies