A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. A finalidade principal da EPA é coñecer a actividade económica no relativo ao seu compoñente humano. Está orientada a dar datos das principais categorías poboacionais en relación co mercado de traballo (ocupados, parados, activos e inactivos) e a obter clasificacións destas categorías segundo diversas características. Tamén posibilita confeccionar series temporais homoxéneas de resultados. Cada ano realízase un módulo específico no que se trata algún tema relacionado co mercado laboral e que completa a información da EPA. O módulo de 2014 ten como obxectivo obter información sobre a situación dos inmigrantes no mercado laboral, en concreto sobre problemas laborais, discriminación e grao de integración da poboación inmigrante, distinguindo entre cidadáns da UE e de terceiros países. |
En 2014 residían en Galicia 1.743.000 persoas de entre 16 e 64 anos (ambos inclusive), das cales 159.600 (o 9,2%) naceran no estranxeiro. Entre os residentes na comunidade autónoma e nacidos no estranxeiro había 81.500 ocupados, o que situaba a taxa de emprego (de 16 a 64 anos) para este colectivo no 51,1%. Entre os galegos nacidos en España a taxa de emprego era do 57,1%. Por outra banda, neste ano residían en Galicia 35.500 persoas nacidas no estranxeiro e que se atopaban sen traballo. |
Persoas de 16 a 64 nos segundo o país de nacemento e relación coa actividade. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Aproximadamente 42.200 galegos de 16 a 64 anos traballaron e viviron nalgún país distinto de España durante un período mínimo de 6 meses nos últimos 10 anos. Esta cifra supoñía o 2,4% do total de persoas do grupo de idade analizado que en 2014 residían en Galicia. Esta porcentaxe varía en función do país de nacemento. Entre os residentes en Galicia e nacidos en España rolda o 1,3% mentres que para os nacidos no estranxeiro acada o 14%. Por outra banda, o 62,1% dos residentes en Galicia que traballaron e viviron fóra de España nos últimos dez anos fixérono nalgún país europeo e o 25,4% en América central ou Sudamérica. |
Persoas entre 16 e 64 anos, segundo se traballaron e viviron noutro país durante un período de polo menos 6 meses seguidos nos últimos 10 anos, por país de nacemento. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Persoas entre 16 e 64 anos que naceron no estranxeiro, segundo o principal motivo polo que viñeron a España. Galicia. Ano 2014 |
Seis de cada dez persoas que en 2014 vivían en Galicia e que naceron no estranxeiro viñeron a España por razóns familiares. O seguinte motivo máis frecuente é o traballo (28,9% dos casos). Entre os galegos nacidos no estranxeiro e que chegaron a España para traballar, aínda que este non fora o principal motivo, o 37% tiña unha oferta de emprego previa. |
||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
No tocante ao coñecemento do castelán falado, o 62,8 dos residentes en Galicia de 16 a 64 anos que naceron fóra de España manifestaron que o castelán era a súa lingua materna ou que a falaban como un nativo. Porén, no caso do idioma galego esta porcentaxe baixaba ata o 32,1%. No outro extremo, un 4% desta poboación manifestou que o seu coñecemento do castelán falado era de nivel principiante ou que non tiña habilidades, mentres que no caso do galego esta porcentaxe rolda o 30%. |
||
Persoas entre 16 e 64 anos que naceron fóra de España segundo o seu coñecemento do castelán falado. Galicia. Ano 2014 |
Persoas entre 16 e 64 anos que naceron fóra de España, segundo o seu coñecemento do galego. Galicia. Ano 2014 |
|
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies