Resumo de resultados


Directorio de empresas e unidades locais. Resumo de resultados

Resumo de resultados 27/12/2018
Datos correspondentes ao ano 2017

Introdución

O Directorio de empresas e unidades locais recolle as empresas con sede en Galicia e as empresas con sede social nunha provincia non galega, pero que exercen unha ou varias actividades económicas no noso territorio.

O Regulamento (CEE) núm. 177/2008 do Parlamento Europeo e do Consello establece que nos rexistros de empresas se deberán incluír todas as empresas que exerzan una actividade económica que contribúa ao Produto Interior Bruto (PIB) e as súas unidades locais. Para adaptarse a este regulamento, o Directorio de empresas e unidades locais do IGE inclúe a partir de 2014 as actividades económicas das seccións A (agricultura, gandería, caza, silvicultura e pesca) e O (administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria).

Non obstante, non se consideran as empresas nin as unidades locais con actividade principal pertencentes ás seguintes seccións da CNAE 2009:

  • T: Actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico; actividades dos fogares como produtores de bens e servizos para uso propio
  • U: Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais

Con carácter xeral, o directorio ten como data de referencia o día 1 de xaneiro de cada ano.

Empresas segundo a sede social

Segundo a Explotación estatística do directorio de empresas e unidades locais que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE), durante o ano 2016 o número de empresas con actividade económica en Galicia diminuíu un 0,23%, situándose nas 249.974 empresas o día 1 de xaneiro de 2017.

Destas, o 98,27% teñen a súa sede social en Galicia e o 1,73% restante (4.316 empresas) fóra da comunidade autónoma.

Número de empresas en Galicia segundo o sector de actividade. Ano 2017
Número de empresas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Número de empresas en Galicia segundo a sede social
Número de empresas e porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Empresas segundo a personalidade xurídica

Segundo a personalidade xurídica da empresa, a persoa física é a tipoloxía máis habitual dentro do tecido empresarial galego, xa que o 62,91% das empresas con actividade en Galicia pertencen a esta tipoloxía. A continuación, atópanse as sociedades limitadas, que supoñen o 27,33% das empresas con actividade na comunidade autónoma. Cabe destacar que a distribución das empresas segundo a personalidade xurídica varía en función do sector de actividade. Deste xeito, dentro do sector primario (agricultura e pesca), o 91,59% das empresas son persoas físicas, mentres que para a industria e a enerxía esta porcentaxe baixa ata o 38,72%. Neste sector, case a metade de empresas (o 48,98%) adoptan a forma xurídica de sociedade limitada. Por outra banda, na construción o peso das persoas físicas é tamén superior ao das sociedades limitadas, pero ambas porcentaxes están máis próximas que no caso do sector primario (50,63% e 41,40%, respectivamente). Por último, no sector servizos, o 60,41% das empresas corresponden a persoas físicas, o 28,53% a sociedades limitadas, o 1,69% a sociedades anónimas, o 0,40% son cooperativas e o 8,97% restante adopta unha forma xurídica distinta ás tipoloxías presentadas.

Distribución porcentual das empresas segundo a personalidade xurídica. Ano 2017
Porcentaxes

Distribución das empresas con actividade en Galicia segundo a personalidade xurídica. Ano 2017
Porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Empresas segundo a actividade principal

Atendendo á actividade principal segundo a CNAE-2009, o 21,59% das empresas dedícanse a actividades de comercio e reparacións. Séguenlle en importancia as empresas dedicadas á agricultura, gandaría, silvicultura e pesca (16,26%) e a construción (12,78%).

Número de empresas en Galicia segundo a actividade principal (CNAE 2009). Ano 2017
Número de empresas e porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Empresas segundo o estrato de asalariados

O día 1 de xaneiro de 2017 había en Galicia un total de 168.543 empresas sen asalariados, o que supón aproximadamente o 67,42% do total de empresas con actividade na comunidade autónoma. Ademais, 46.571 empresas contaba con un ou dous asalariados (o 18,63% do total de empresas). As empresas con actividade en Galicia e con polo menos 20 asalariados representan o 1,83% do total de empresas.

As porcentaxes máis altas de empresas con ningún, un ou dous asalariados obsérvanse no sector primario, onde o 96,60% das empresas teñen esta característica. No outro extremo atópase o sector industrial (incluída a enerxía), onde a porcentaxe de empresas que non chega a tres asalariados é do 67,81%.

Número de empresas en Galicia segundo o estrato de asalariados. Ano 2017
Número de empresas e porcentaxes

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Demografía empresarial

Durante o ano 2017 déronse de alta en Galicia 26.549 empresas e de baixa 27.123 empresas. O saldo foi, por tanto, negativo en 2017; isto é, o número de empresas que iniciaron unha actividade en Galicia foi inferior ao das que cesaron a súa actividade nese ano.

Altas, baixas e permanencias de empresas en Galicia. Ano 2017
Número de empresas

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Unidades locais

O 43,52% das unidades locais existentes en Galicia o día 1 de xaneiro de 2017 estaban situadas nalgún dos 7 grandes municipios galegos. Os concellos de Vigo e A Coruña son os que concentran un maior número de unidades locais, con 27.856 e 27.502, respectivamente.

O 2,30% das unidades locais emprazadas na Comunidade Autónoma de Galicia conta con 20 ou máis asalariados. Un total de 79 concellos mostran unha porcentaxe de unidades locais con 20 ou máis asalariados superior á media galega. Destaca o concello de Carballeda de Valdeorras, cunha porcentaxe de unidades locais nesta tipoloxía do 19,31%.

Número de unidades locais. Ano 2017
Non inclúe o sector primario nin a administración pública

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Porcentaxe de unidades locais con 20 ou máis asalariados. Ano 2017
Non inclúe o sector primario nin a administración pública

Fonte: IGE    (descarga da táboa)

Definicións e máis información

Definicións

Acceso ás táboas de datos:

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo