A Contabilidade trimestral é unha estatística de síntese de carácter conxuntural. O seu obxectivo primordial é proporcionar unha descrición cuantitativa e coherente do conxunto da actividade económica galega, mediante a elaboración dun cadro macroeconómico que ofreza o ritmo de crecemento do PIB galego e das súas compoñentes. Esta actividade é unha réplica trimestral simplificada das Contas económicas anuais que, pola súa maior frecuencia de elaboración, permite o seguimento conxuntural da actividade económica. Estas estimacións axústanse aos mesmos principios de coherencia e equilibrio contable que as contas de frecuencia anual e, por conseguinte, ao marco do Sistema Europeo de Contas 2010 (SEC-2010). Pódese dicir que a Contabilidade trimestral é un compromiso entre o rigor e a amplitude das Contas anuais e a rapidez e oportunidade dos indicadores conxunturais. As utilidades concretas da Contabilidade trimestral de Galicia son as seguintes: |
Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado de referencia (base 2015). Datos corrixidos de estacionalidade e calendario. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado. Volume encadeado de referencia (base 2015). Variacións interanuais. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Achega da demanda exterior e da demanda interna ao crecemento do PIB. Volume encadeado de referencia (base 2015). Datos corrixidos de estacionalidade e calendario. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Compoñentes do PIB a prezos de mercado, pola vía da demanda. Índices de volume (base 2015). Datos corrixidos de estacionalidade e calendario. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Estrutura do Produto Interior Bruto (PIB) a prezos de mercado, pola vía da oferta. Datos corrixidos de estacionalidade e calendario (base 2015). Galicia |
|||
Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Emprego por ramas de actividade. Postos de traballo equivalentes a tempo completo. Datos corrixidos de estacionalidade e calendario. Taxas de variación interanual. Galicia Fonte: IGE (descarga da táboa) |
Definicións |
Acceso ás táboas de datos: |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies