Resumo de resultados


Datos Básicos. Mundo laboral

Poboación de 16 ou máis anos segundo a relación coa actividade económica. Galicia
Miles de persoas e porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

En 2022 a taxa de paro en Galicia foi do 11,0%

Galicia, no ano 2022, contaba con 1.240.400 activos, dos cales 1.103.700 estaban ocupados e 136.700 parados.

Con respecto ao ano anterior produciuse un aumento do 1,71% no número de ocupados e unha caída do 4,47% no número de parados.

En 2022 a taxa de actividade situouse no 52,9%, valor 0,4 puntos superior ao de 2021. A taxa de ocupación aumentou 0,7 puntos ata o 47,1% e a taxa da paro diminuíu 0,7 puntos ata acadar o 11,0%.


Evolución das taxas de actividade e paro segundo sexo. Galicia
Porcentaxes

Taxa de actividade
Taxa de paro
Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Poboación ocupada segundo a situación profesional e o sexo. Galicia. Ano 2022
Miles de persoas

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

O 80,8% dos ocupados galegos son asalariados.

Dos 1.103.700 ocupados residentes en Galicia no ano 2022, o 17,9% eran traballadores por conta propia, o 81,6% asalariados e o 0,5% restante atopábase noutra situación profesional (axuda familiar, membro de cooperativa ou outra situación).

Neste ano, o 72,1% dos ocupados galegos traballan no sector servizos, o 15,2% na industria, o 6,7% na construción e o 6,0% restante na agricultura e pesca.

Con respecto ao ano 2021, o número de ocupados no sector servizos aumentou un 2,8%. Na industria o número de ocupados diminuíu un 1,9%, na construción aumentou un 1,2% e no sector da agricultura e a pesca os ocupados tamén diminuíron un 1,2%.


Poboación ocupada segundo o sector de actividade e o sexo. Galicia. Ano 2022
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo o réxime. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social

En 2022 o número de afiliacións á Seguridade Social aumentou un 2,2%

En 2022, a Seguridade Social contabilizou unha media de 1.036.862 afiliacións en alta laboral na Comunidade Autónoma de Galicia, o que supón un aumento de 22.477 afiliacións con respecto ao ano anterior. En termos relativos, esta suba é do 2,22%.

Por réximes, o xeral contaba en 2022 con 24.808 afiliacións máis que en 2021; un aumento do 3,3% dos traballadores. Pola súa banda, o réxime especial de autónomos perdeu 1.286 afiliacións.

O paro rexistrado dimiuíu en 17.280 persoas no ano 2022

En 2022 a media anual do paro rexistrado situouse en 146.167 persoas, un 10,6% menos que no ano anterior. O 46,7% dos parados levaba máis dun ano nesta situación, o 39,6% menos de 6 meses e o 13,7% restante, entre 6 meses e un ano.

Paro rexistrado segundo a duración da demanda. Galicia
Número e porcentaxes

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Información subministrada directamente

Custo laboral anual por traballador e sector de actividade. Galicia. Ano 2021
Euros

Fonte: INE. Encuesta anual de coste laboral.

O custo laboral bruto por traballador foi de 29.854 euros en 2021

O custo laboral por traballador en termos brutos foi de 29.854 euros no ano 2021. Se a esta cantidade se lle restan as subvencións e as deducións que se recibiron das administracións públicas obtense un custo neto de 29.643 euros por traballador.

Das partidas que compoñen o custo laboral bruto, o 73% destinouse a pagar soldos e salarios, o 24% a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social e o 3% restante á satisfacción doutros custos (cotizacións voluntarias, prestacións sociais directas, indemnizacións por despedimento, gastos en formación profesional...)

O salario bruto anual situouse nos 22.244,59 euros en 2018

O salario bruto anual foi de 22.244,59 euros en 2018. Se comparamos por sexo, o salario bruto anual dos homes é 5.283,74 euros maior que o das mulleres.

Composición do salario bruto anual por sexo. Galicia. Ano 2018
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Taxa de actividade. Galicia e provincias. Ano 2022
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Segundo a enquisa de poboación activa (EPA), no ano 2022, o número de vivendas galegas que tiñan todos os seus membros activos no paro era de 51.600, un 6,8% do total de vivendas con, polo menos, un activo.


Poboación inactiva segundo a situación de inactividade. Galicia. Ano 2022
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

Asalariados segundo sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2022
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

En 2022, o 80,6% dos asalariados galegos tiñan un contrato indefinido.


Ocupados segundo sexo e o tipo de xornada. Galicia. Ano 2022
Porcentaxes

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa.

No ano 2022, o 86,0% dos ocupados galegos traballaron a xornada completa. Por sexos, o 6,2% dos homes tiña xornada parcial, mentres que a porcentaxe de mulleres con este tipo de xornada era do 22,5%.

Neste ano, o 18,1% dos homes asalariados galegos traballaban no sector público. Entre as mulleres esta porcentaxe sobe ata o 27,5%.



Variación interanual do número de afiliados á Seguridade Social en alta laboral
Porcentaxes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social.


Traballadores afectados por expedientes de regulación de emprego autorizados segundo o efecto do expediente. Galicia

Fonte: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Estatística de expedientes de regulación de emprego

Evolución do salario mínimo interprofesional. Galicia
Euros/mes

Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social

Composición do salario bruto anual. Galicia. Ano 2018
Porcentaxes

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE

Segundo a enquisa de estrutura salarial, no ano 2018, o salario ordinario representa o 90,0% do salario bruto anual.


Salario bruto anual segundo grupo de idade. Galicia. Ano 2018
Euros

Fonte: IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE


Definicións e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo