Resumo de resultados


Datos Básicos. Enerxía e industria

Electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia segundo a súa procedencia. Ano 2020
ktep (miles de toneladas equivalentes de cru)

Fonte: Instituto Enerxético de Galicia
Balance Enerxético de Galicia

Galicia xera o 99,04% da electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia

No ano 2020 a electricidade dispoñible para o consumo final en Galicia ascendeu a 2.395 ktep, da que un 0,96% importouse e a restante (2.372 ktep) xerouse en Galicia.

Distribución de enerxía eléctrica por sectores de uso. Ano 2016

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio. Estadística de la industria de energía eléctrica

No ano 2016 a industria absorbeu o 51,92% da enerxía eléctrica consumida en Galicia

En Galicia, no ano 2016, a industria é o sector que acada a maior porcentaxe de enerxía eléctrica consumida (51,92% do total). En España esta porcentaxe acada só o 32,06%.


Principais indicadores de actividade na industria. Galicia. Ano 2020
Miles de euros, persoas


Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas concentran o 86,16% da cifra de negocio do sector Industrial

En Galicia, no ano 2020, a cifra de negocios no sector industrial situouse en 39.405 millóns de euros e o persoal ocupado ascendeu a 144.969 persoas.

O 86,16% da cifra de negocios do sector industrial en 2020 correspondeu á Industria manufactureira e, dentro desta, a maior contribución á cifra de negocios da industria é a actividade da "Alimentación" (22,65%) seguida de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (20,19%).

Cifra de negocios por agrupacións de actividade. Galicia. Ano 2020
Miles de euros

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial .Extraído de http://www.ine.es

Consumo de gasolinas e gasóleos. Galicia
Toneladas

Fonte: Ministerio de Industria, Energía y Turismo. CORES. Extraído de http://www.cores.es

Electricidade neta xerada. Galicia
Ano 2020


Fonte: INEGA. Balance enerxético de Galicia

No ano 2020, dos 2.372 ktep de enerxía eléctrica xerados en Galicia, o 76,3% procedía de enerxías renovables e o 13,6% do gas natural.

Distribución dos ocupados na industria por ramas de actividade
Galicia
Ano 2020

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As manufacturas ocupan a 132.783 persoas, o que supon o 91,6% de toda a ocupación na industria.


Persoas ocupadas na industria por agrupacións de actividade
Galicia
Ano 2020

Fonte: INE. Estadística estructural de empresas: sector industrial. Extraído de http://www.ine.es

As ramas con maior presenza de ocupados son a de "Alimentación" (21,6% do total), seguida de "Vehículos de motor, remolques e semirremolques" (11,3%), e da "Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo" (10,9%).


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo