Resumo de resultados


Datos Básicos. Educación, cultura e lecer

Alumnado matriculado en ensinanza non universitaria de réxime xeral
Curso 2021-2022. Datos provisionais

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Datos e cifras do ensino non universitario

O alumnado matriculado en ensinanza non universitaria diminuíu con respecto ao curso 2020-2021

No curso 2021-2022 o número de alumnos matriculados na educación non universitaria de réxime xeral diminuíu un 0,91% con respecto ao curso 2020-2021, con 382.256 alumnos, segundo os datos provisionais.

Os niveis de ensinanza nos que se rexistraron maiores diminucións na matrícula foron os Ciclos formativos de grao superior adultos (-0,11%) e Bacharelato de adultos (-0,08%). Pola contra, o número de alumnos en Educación Infantil, nos Ciclos formativos de grao medio ordinarios e nas Ensinanzas básicas iniciais e ESO de adultos, para curso 2021-2022, estímase que aumentou un 0,04% no caso de Educación Infantil e un 0,03% nos Ciclos formativos de grao medio e nas Ensinanzas básicas iniciais.

Alumnos matriculados nas universidades galegas

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente
Nota: Alumnado matriculado en 1º e 2º ciclo ou graos

Alumnos matriculados na ensinanza universitaria segundo rama. Galicia
Curso 2020-2021

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente.

Nas universidades galegas matriculáronse 61.767 alumnos no curso 2020-2021

No curso 2020-2021 nas universidades galegas matriculáronse 61.767 alumnos, 592 máis que no curso anterior. Na última década o alumnado matriculado nas universidades galegas diminuíu nun 2,0%.
A Universidade de Santiago segue a ser a que conta co maior número de alumnado universitario matriculado, representando o 40,6% do total.

A presenza de mulleres segue a ser maior que a dos homes en todas as ramas, excepto na rama de enxeñería e arquitectura.

Produción editorial. Ano 2019
Número de títulos

Fonte: INE. Producción editorial de libros

O número de títulos editados en Galicia aumenta un 10,8% en 2019

En Galicia, no ano 2019 editáronse 2.213 títulos, un 10,8% máis que o ano anterior. A provincia da Coruña acumulou en 2019 o 58,7% dos títulos que se editaron en Galicia.

Gasto en bens e servizos culturais. Ano 2020

Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales

Gasto en bens e servizos culturais segundo grupos de gasto. Galicia. Ano 2020

Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Anuario de Estadísticas Culturales

En 2020 o 34,8% do gasto en bens e servizos culturais en Galicia dedicouse á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet.

En Galicia, no ano 2020, dedicouse o 34,8% do gasto en bens e servizos culturais á telefonía móbil e servizos relacionados con Internet, o 28,3% á compra de soportes, equipos e accesorios audiovisuais, o 28,1% á adquisición de libros e publicacións periódicas e o 8,8% restante a servizos culturais.

Profesorado en centros de titularidade pública segundo o sexo. Galicia

Fonte: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente
Nota: os datos son provisionais

No curso 2021-2022 a cifra de persoal docente nos centros de titularidade pública de Galicia acada o valor de 29.550. Neste colectivo existe unha forte presenza de mulleres, onde representan o 72,4% do total.




Profesores de ensinanza universitaria segundo o tipo de profesor nas
universidades galegas.
Curso 2020-2021


Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Información subministrada directamente

O número de profesores nas universidades galegas diminuíu un 0,3% no curso 2020-2021.



Evolución do abandono educativo temperán


Fonte: IGE/INE. Encuesta de población activa; Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey

No ano 2021 o 8,1% da poboación galega de 18 a 24 anos non completou o nivel de educación de secundaria segunda etapa e non segue ningún tipo de formación. Esta porcentaxe en España alcanza o valor do 13,3% mentres que na UE28 o último dato dispoñible, correspondente ao ano 2019, sitúase no 10,3%.




Actividade cinematográfica. Galicia. Ano 2020


Fonte: Ministerio de Cultura. Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales. Estadística de Cinematografía: Producción, Exhibición, Distribución y Fomento
Nota: Os datos son avance





Artes musicais e escénicas.Galicia. Ano 2021


Fonte: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Explotación Estadística de las Bases de Datos de Recursos Musicales, de la Danza y de Artes Escénicas


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo