Contas económicas de Galicia
Fonte: IGE. Contas económicas trimestrais. Revisión Estatística 2019.
Nota: Os datos son provisionais Prezos correntes en miles de euros A economía galega creceu un 5,2%, en termos reais, no ano 2021En Galicia, o produto interior bruto (PIB) a prezos de mercado en 2021 estímase en 63.119 millóns de euros, un 7,74% superior ao ano 2020. Evolución do PIB en termos reais
|
Desde a perspectiva da oferta, é de resaltar a suba do VEB da rama dos servizos (creceu un 6,6% en relación ao 2020 en termos reais) .
Atendendo á estimación do PIB dende a perspectiva da demanda, as rúbricas que experimentaron maior subida con respecto ao 2020 foron a exportación de bens e servizos (9,9% en termos reais) e a importación de bens e servizos (6,5%).
A evolución do emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, rexistrou en 2021 unha aumento con respecto ao ano anterior de 68.887 postos de traballo, o que en termos relativos supón unha suba do 7,24%.
Por ramas de actividade, o sector máis beneficiado foi o sector servizos, onde se incorporaron 53.735 postos (8,0%).
O 71,4% dos postos de traballo equivalentes a tempo completo corresponden ao sector servizos. O peso desta rama aumentou un 0,5% no 2021 con respecto ao ano anterior.
En termos de paridade de poder adquisitivo (PPS), o PIB por habitante en Galicia en 2020 foi un 22,1% inferior á media dos 27 estados que compoñen a UE desde o ano 2020.
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies