Resumo de resultados


Datos Básicos. Administración pública

Orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2022
Miles de euros

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

A previsión inicial do orzamento consolidado diminuíu un 2,1%

A previsión inicial do orzamento consolidado da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 é de 13.118 millóns de euros, un 2,1% menos en comparación cos datos do orzamento de 2021.

A previsión de ingresos procedentes dos impostos directos e indirectos experimentou un diminución conxunta de 147,1 millóns de euros (un -2,4%). As transferencias correntes que supoñen o 28,5% do orzamento consolidado de ingresos, aumentaron preto de 35,3 millóns de euros (un 1%).

Orixe dos ingresos e destino dos gastos do orzamento consolidado da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2022
Porcentaxes

Ingresos

Gastos

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia

No tocante á procedencia dos ingresos, aproximadamente o 46,6% da previsión inicial do orzamento ten orixe tributaria, o 14,2% son ingresos por activos e pasivos financeiros e o 38,9% son recursos transferidos.

No que respecta aos gastos, o 71,4% do orzamento consolidado vai destinado a gastos relacionados coa xestión directa, o 18,4% a transferencias ao sector privado (familias, empresas e entidades sen ánimo de lucro) e o 10,2% restante a transferencias ao sector público.

Ingresos tributarios da Comunidade Autónoma de Galicia. Criterio de caixa
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: Información subministrada directamente pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Durante o ano 2021 a Xunta de Galicia, xunto cos seus organismos autónomos, recadaron 2.724,2 millóns de euros en impostos directos, 3.349 millóns en impostos indirectos e 196,9 en taxas e outros ingresos.

Respecto ao ano anterior a recadación pola tarifa autonómica sobre o IRPF diminuíu un 1% e a recadación polo imposto sobre o valor engadido (IVE) un 5,6%.

Recadación tributaria do Estado en Galicia. Criterio de caixa
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: AEAT. Informes mensuales de recaudación tributaria
Nota: no total do Capítulo III están incluídos prezos e outros ingresos que non son tributarios

En 2020 diminuíu a recadación tributaria do Estado en Galicia

En 2020 o Estado recaudou na Comunidade Autónoma de Galicia case 4.075,9 millóns de euros en impostos directos, procedentes na súa maior parte do IRPF (77,4%) e do Imposto sobre sociedades (20,1%). Por impostos indirectos ingresou 3.153,3 millóns de euros (o 93% procedente do IVE) e por taxas e outros ingresos 45,7 millóns.

Respecto ao ano 2019 produciuse unha diminución do 11,9% da recadación de impostos directos por parte do Estado en Galicia e do 3,5% para os impostos indirectos.

Distribución funcional do orzamento consolidado de gastos da Administración xeral, dos organismos autónomos e axencias públicas autonómicas. Galicia. Ano 2022
Miles de euros e porcentaxes

Fonte: Consellería de Facenda. Orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia


Segundo a distribución funcional do orzamento consolidado de gastos de 2022, o 35% irá destinado a sanidade e o 20,6% a educación.

A débeda pública suporá un 10,1% do orzamento mentres que á protección e promoción social destinarase o 10,6%.



Débeda pública das comunidades autónomas sobre o PIB
Porcentaxes

Fonte: Banco de España
Nota: datos provisionais


Ingresos tributarios das entidades locais (municipios + deputacións). Dereitos recoñecidos netos. Galicia.
Miles de euros

Fonte: Ministerio de Hacienda


No ano 2020 os concellos galegos recadaron arredor de 860 millóns de euros en impostos directos, un -0,5% menos que en 2019. A recadación de impostos indirectos diminuíu un 15,1% ata acadar os 52,3 millóns de euros e, finalmente, por taxas e outros ingresos a recadación diminuíu un 11,8% ata situarse nos 385,5 millóns de euros.

No tocante ás deputacións, en 2020 aumentou a recadación por impostos directos un 0,3%, diminuíu a recadación por impostos indirectos un 5,2% e os ingresos por taxas aumentaron un 7,5%.


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo