Resumo de resultados


Anuario Galicia - Norte de Portugal

Anuario

O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións 2010, 2011 e 2012 do anuario, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais.

Na web están dispoñibles os anuarios dende o exemplar do 1995, en formato Html/Excel ou pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta do Anuario

Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal.

Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web.

Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal 

Atlas de empresas Galicia - Norte de Portugal

Atlas de empresas

No atlas preséntanse datos sobre a localización e estrutura das sociedades con sede na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o que permite un maior coñecemento do tecido empresarial de ambas as dúas rexións.

Na web están dispoñibles os atlas con ano de referencia 1994 e 1996 en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta do Atlas

Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do atlas de empresas Galicia - Norte de Portugal

Atlas de empresas Galicia - Norte de Portugal 

Caracterización da área de fronteira Galicia - Norte de Portugal

Caracterizaci&oactue;n da área de fronteira

Esta publicación proporciona unha caracterización dos espazos correspondentes ás tres comunidades territoriais de cooperación transfronteiriza creadas no ámbito da comunidade de traballo Galicia - Norte de Portugal: Val do Miño, Val do Limia e Val do Támega, que integran a 84 concellos. A información presentada abarca sete dominios: territorio, poboación, vivenda, saúde, educación, mercado de traballo e tecido empresarial.

Na web está dispoñible a publicación editada no ano 2005 en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta da publicación

No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf

Caracterización da área de fronteira Galicia - Norte de Portugal 

Comercio intracomunitario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. 1995-1997

Comercio intracomunitario

A publicación do estudo sobre comercio intracomunitario da Eurrexión Galicia-Norte de Portugal, 1995-1997 é froito da cooperación entre o INE de Portugal e o Instituto Galego de Estatística. Nesta publicación preséntanse as liñas xerais do comercio conxunto entre a Eurorrexión e o resto da Unión Europea sen considerar Portugal e España, analízase o crecemento do comercio intraindustrial e, finalmente, ofrécese unha visión do comercio entre as dúas rexións con Portugal e España.

Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta da publicación

No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf

Comercio Intracomunitario da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal 

Indicadores sociais Norte de Portugal - Galicia 2000

Indicadores sociais

Nesta publicación recóllense unha serie de indicadores demográficos, educativos, laborais e sanitarios de Galicia e a Rexión Norte de Portugal que permiten ter unha visión conxunta e comparada de ambas as dúas rexións.

Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta da publicación

No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf

Indicadores sociais Norte de Portugal - Galicia 

Indicadores de desenvolvemento económico e social das comarcas/concellos de Galicia e do Norte de Portugal

Indicadores de desenvolvemento

Esta publicación ten por obxectivo dar un conxunto de instrumentos que permitan de forma obxectiva, comparar os concelhos do Norte de Portugal e as comarcas de Galicia en tanto ao respectivo grao de desenvolvemento.

Na web está dispoñible a publicación en formato pdf. Os exemplares publicados poden solicitalos ao Instituto que os facilitará de forma gratuíta sempre que estean dispoñibles.

Consulta da publicación

No seguinte enlace pode consultar a publicación en formato pdf

Indicadores de desenvolvemento económico e social das comarcas/concellos de Galicia e do Norte de Portugal 

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo