O Instituto Galego de Estatística realiza, desde o comezo da súa actividade, o anuario Galicia en cifras. Neste anuario recóllense as principais variables de contido estatístico das diferentes fontes de información dispoñibles sobre os diferentes ámbitos e materias da realidade socioeconómica relativas á Comunidade Autónoma de Galicia.
|
Consulta do Anuario Neste apartado pódense consultar os exemplares do anuario Galicia en Cifras desde o ano 1995 ata o 2009, atopándose a información para cada ano agrupada nos distintos capítulos dos anuarios. Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web. Galicia en cifras. Anuario |
O Instituto Galego de Estatística xunto co Instituto Nacional de Estatística iniciaron no ano 1995 a elaboración do anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal. Como resultado desta cooperación publicáronse seis edicións en papel do anuario correspondentes aos anos 1995, 1996, 1998, 2000-2001, 2002 e 2003 e dúas edicións en CD-ROM (1997 e 1999). A publicación das edicións do anuario 2010 e 2011, encadrada dentro do Programa Operativo de Cooperación Territorial España-Portugal (POCTEP), é froito da colaboración entre a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, o Instituto Galego de Estatística e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal a través do seu Observatorio das Dinámicas Rexionais.
|
Consulta do Anuario Neste apartado pódense consultar os distintos exemplares do anuario Galicia-Norte de Portugal. Ademais, a información pódese ampliar nos diferentes apartados das actividades estatísticas na nosa páxina web. Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal |
Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies